Pregunta: Nahia, 11 anos, CEIP Francisco Vales Villamarín.
Responde: Cristóbal Ramírez Gómez.

Pois boa pregunta, que nos obrigou a todos -sección de Internacional incluída- a reflexionar, xusto o día anterior á declaración do estado de alarma. Para empezar, tivemos que comprobar que estaba prohibido entrar á zona de Chernobil. E para seguir, tivemos que comprobar que había visitas. Non porque non nos fiásemos do que dis, senón porque os xornalistas sempre temos que comprobar todos os datos. ¿E por que nos equivocamos ás veces, como calquera outra persoa? Porque traballamos contra o reloxo, antes de medianoite temos que ter feito (nós dicimos “pechado”) o xornal que ti vas ver mañá. Pero ao que iamos: comprobamos o que nos dicías… e non está prohibido entrar na zona de Chernobil, senón só na parte central, incluído o vello e destruído reactor nuclear. Tiven a sorte de iren a Londres traballando e alí, na World Travel Market, a segunda feira de turismo máis importante do mundo, estaba a empresa que organiza esas visitas, e fíxenlles a foto que acompaña a este texto. Foron moi amables, dixéronme que serías benvida alá e pedíronme que che comunicase que todo era legal e que era seguro. Iso de que é seguro tanto eu como moitos dos meus compañeiros da redacción dubidámolo, porque, como ves na foto, anúncianse co símbolo internacional da radioactividade. E iso non é bo para o corpo humano…

Fai a túa pregunta

15 + 7 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies