«Revitalizar os océanos a través da acción colectiva» é o lema, e asunto de estudo, que propón a Organización das Nacións Unidas para esta data do 2022: o 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos.
O océano cobre máis do 70 % da superficie do planeta Terra. É a principal fonte de vida é a máis importante fonte de sustento da humanidade e de todos os demais organismos da Terra. Proba diso é que o océano produce polo menos o 50 % do osíxeno do planeta, alberga a maior parte da biodiversidade da Terra e é a principal fonte de proteínas para máis de mil millóns de persoas en todo o mundo.
Un asunto económico
Ademais, resulta clave para a nosa economía, xa que se estima que, para o ano 2030, haberá uns 40 millóns de traballadores en todo o sector relacionado cos océanos. Non obstante, a pesar de todos os seus beneficios, non recibe a atención que necesita. Por iso pedímosche: únete e celebra o valor dos océanos. O Día Mundial dos Océanos lembra a todos o seu importante papel na vida cotiá. Son os pulmóns do noso planeta, unha fonte importante de alimentos e medicamentos e unha parte fundamental da biosfera.
Un novo equilibrio
Co 90 % das grandes especies marítimas de peces minguadas e o 50 % dos arrecifes de coral destruídos, estamos a extraer máis do océano do que se pode repor. Debemos traballar xuntos para crear un novo equilibrio no que non esgotemos todo o que o mar nos ofrece, senón que restauremos a súa vitalidade. Devolvámoslle unha nova vida.
Pregúntalles a eles
Preguntamos aos peixes? É unha boa, divertida, complementaria, e curiosa idea que nos axuda a ver con curiosidade e cariño o gran tema dos mares e os océanos. Á fin e ao cabo, eles son os seus habitantes máis ilustres:
■ Por que nadan os peixes?
■ Como respiran baixo a auga?
■ Por que se agrupan en bancos?
■ Por que dormen cos ollos abertos?
■ Por que teñen escamas?
Estas e outras moitas preguntas teñen resposta no artigo El porqué de los niños. Porqués sobre los peces (t.ly/gWS), na web Guiainfantil.com.
RECURSOS
Eliximos, por brevidade, esta conexión onde figuran suficientes recursos, ligazóns, reportaxes, vida submarina… Tamén atoparedes campañas sobre os océanos que, polo menos, non impidan un boa marea nos resultados finais académicos que están agora en marea alta:
■ t.ly/K6Yr