Fernando Pariente.

A encefalopatía esponxiforme é unha enfermidade incurable, pero moi pouco frecuente, que produce o deterioro irreversible das células cerebrais ata provocar a morte. A súa incidencia é tan escasa que se fixeron moi poucos estudos sobre ela e carece dun tratamento específico. Só adoita detectarse cando se leva a cabo unha autopsia logo de falecido o enfermo. Transmítese pola inxestión de carne de vacún afectado previamente polo mesmo mal, de aí o nome de enfermidade das vacas tolas. En 1996 rexistráronse en Gran Bretaña algúns casos que desataron en toda Europa unha ola de pánico. A maior parte dos países tomaron medidas radicais, decretando o exterminio de todas as reses que estivesen en risco de ser contaxiadas e impedindo os traslados de gando. Declarouse, ademais, a corentena sobre as Illas Británicas, impedindo a exportación de toda a carne producida nas terras da súa Graciosa Maxestade.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies