JESÚS GARRIDO

A Fundación ONCE del Perro Guía (FOPG) fixo en setembro 30 anos á beira dos cidadáns. Segundo lemos no seu programa, os cans guía son adestrados coa finalidade de brindar apoio a persoas con discapacidade visual, para que poidan gozar de mobilidade e independencia. Por iso merecen un especial recoñecemento os adestradores destas formidables mascotas e as escolas que os adestran.

Na actualidade son máis de mil os cans guía que percorren as rúas das nosas vilas, 41 deles en Galicia (dezasete en Pontevedra, quince na Coruña, cinco en Ourense e catro en Lugo). Os 30 anos da FOPG son tres décadas de historia nas que facilitou máis de 3.200 cans ás persoas cegas ou con discapacidade visual grave para mellorar a súa autonomía, os seus desprazamentos e a súa seguridade.

Nunha contorna cada vez máis complexa, a necesidade de moverse con independencia e seguridade obriga ás persoas cegas a apostar cada vez máis por a solución áxil e fiable dun can guía. Atesoura un esmerado adestramento que o converte no seu mellor instrumento de mobilidade coa misión de converterse nos ollos de quen non pode ver.

Estes cans están capacitados para axudar, no día a día do seu dono, a evitar obstáculos fixos e móbiles, avisar ao usuario de cruces e chanzos, buscar pasos de peóns e entradas e saídas de todo tipo de establecementos e mesmo para localizar escaleiras ou paradas de autobús.

A FOPG

A ONCE ten como unha das súas máximas a inclusión das persoas cegas na sociedade. O emprego, as relacións sociais e culturais e a autonomía persoal son os alicerces sobre os que se apoia esa integración. Por iso, hai trinta anos creou esta fundación do can guía, a FOPG, adoptando o modelo das escolas similares europeas e norteamericanas. Situadas en Boadilla del Monte (Madrid), as súas actuais instalacións, inauguradas en 1999, contan con 110.000 metros cadrados que dan cabida a todos os servizos: crianza, aloxamento e coidado de cachorros, adestramento e instrución de cans, clínica veterinaria, albergue para cans xubilados e residencia para a formación dos usuarios de cans guía.

Os cans guía, coñecidos tamén como cans de cego ou de asistencia, teñen a súa propia escola. Existen algúns centros para formar cans guía en varios países do mundo, as cales imparten o seu propio programa de adestramento específico para este caso.

Estímase que a primeira escola de cans guía creouse en Alemaña durante a Primeira Guerra Mundial para axudar a retornar aos veteranos de guerra. A primeira raza que se utilizou foi o pastor alemán.

OBXECTIVOS ESCOLARES

O adestramento dun can guía dura entre dous e cinco anos.

Estes can deben ter un tamaño ideal, sendo as razas golden retriever, labrador retriever e pastor alemán as máis idóneas para exercer estes labores de guía. De carácter deben ser sociables coas persoas e outros animais e seguir as ordes ou instrucións impartidas. Deben ser dóciles, áxiles e facilmente amestrables.

Outra recomendación fundamental para educar a un can guía é facelo en etapas temperás de idade (dende as catro semanas de idade).

Como parte do seu amestramento aprenden as seguintes habilidades e destrezas:

Cachorros: enfrontar reaccións como sons, contornas estrañas e novas experiencias; camiñar con correa, obedecer comandos sinxelos, comer e facer as súas necesidades en horarios establecidos.

Ao facer un ano: obedecer ordes; camiñar ao lado esquerdo da persoa, desviando os obstáculos que poida atopar ao seu paso; levar o seu arnés, como medio de comunicación entre o can guía e o seu dono; aprender a desobediencia intelixente, que consiste en non obedecer unha orde do seu dono se pode pólos en perigo; subir a transportes públicos; atopar portas, escaleiras e cadeiras; ter un bo comportamento en sitios públicos.

A pesar do adestramento, os cans guía non son capaces de distinguir cores como o vermello e verde dos semáforos…

ACTIVIDADES

■ Busca a dirección da ONCE (Organización Nacional de Ciegos Españoles, creada en 1938) na túa localidade. E se, cumprindo coas normas e singular respecto que a experiencia se merece, os invitamos á nosa clase? Abriríansenos os ollos.

■ Unha conexión cun vídeo para ver como se a amestra un can guía.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies