Fernando Pariente.

O punto álxido da rebelión dos bóxers constituío o asedio ás embaixadas estranxeiras en Pequín, que comezou neste día de xuño de 1900. Case todas estaban situadas nun mesmo barrio, xunto á Cidade Prohibida. Foran construídas alí para telas sometidas a un estreito control, pero esta situación favoreceu a súa defensa no momento do asedio e a maior parte dos cidadáns estranxeiros da cidade refuxiáronse nelas. Só a alemá, establecida con posterioridade, estaba afastada da zona e o día 20 de xuño foi asaltada e o embaixador asasinado. Este feito provocou a declaración formal de guerra das potencias occidentais a China. As sedes diplomáticas defendéronse e resistiron os ataques ata a chegada en agosto das tropas da Alianza das Oito Nacións, integradas por alemáns, austro-húngaros, norteamericanos, franceses, italianos, xaponeses, ingleses e rusos. A historia tivo a súa versión cinematográfica, titulada 55 días en Pequín.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies