Fernando Pariente.

A principios do ano 1820 dous coroneis, Rafael del Riego e o galego Antonio Quiroga, detiveron en Cabezas de San Juan ao xeneral Enrique José O’Donnell, conde da Bisbal, responsable do exército a piques de embarcarse para combater os levantamentos secesionistas en América, e proclamaron a vixencia da Constitución de Cádiz de 1808. Ao principio o movemento revolucionario non se estendeu ao resto das tropas e quedou circunscrito a unha parte de Andalucía. Con todo, A Coruña uniuse ao pronunciamento e inmediatamente despois fixérono Ferrol e Vigo. Estas noticias chegaron a Madrid e o 7 de marzo os madrileños ocuparon os xardíns do Palacio Real e a súa praza de armas. O rei Fernando VII sentiuse indefenso e decidiu aceptar a Constitución. O 9 de marzo proclamou o Manifesto do rei á nación española, no que aceptaba xurar a Constitución de 1812 conforme á vontade do seu pobo, que incluía a famosa frase Marchemos francamente, e eu o primeiro, pola senda da Constitución. Así comezou o efémero Trienio Liberal, que terminaría cunha nova invasión de soldados estranxeiros, os chamados Cen Mil Fillos de San Luís.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies