Un detector natural. Blat adestra cada día para axudar na detección do cancro de pulmón, dentro do programa que se desenvolve no Clínic de Barcelona. Entre outros exercicios, o can olfatea diferentes tubos, e é capaz de diferenciar o que é canceríxeno e indicarllo aos médicos sentándose fronte a el.

MARTA OTERO | REDACCIÓN / LA VOZ | 19/06/2019.

Non é un bulo, é unha realidade con moitas posibilidades por explorar. Os cans teñen capacidade para detectar o cancro a través do cheiro. No Hospital Clínic de Barcelona levan varios anos cun proxecto de investigación que ten un protagonista moi especial, Blat, un cruzamento de labrador e pitbull que foi adestrado para axudar co diagnóstico temperán do cancro de pulmón.

Su adiestradora, Ingrid Ramón, explica que non se require un adestramento moi complicado. «O único que facemos é utilizar o olfacto do can, que é unha capacidade innata que desenvolveu durante miles de anos para poder atopar a comida e sobrevivir, e optimizala explicándolle que se atopa isto hai premio para el. En realidade, a xente marabíllase cando escoita isto pero todo o mundo admite que os cans atopan explosivos, drogas,… Pois o cancro é un cheiro máis, non ten nada de diferente. Ao can dálle igual atopar unha cousa ou outra mentres lle reporte o que está a desexar».

Entre outras probas, no programa do Clínic investigouse con mostras de alento de pacientes para poder identificar os compostos que o can capta e crear máis adiante unha especie de nariz electrónico que poida detectar os tumores de forma precoz «De momento -afirma a experta- temos dous cans traballando e xa determinamos que o can detecta o cancro cunha especificidade do 97 %. Pero, ademais, comprobamos que tamén pode axudarnos a detectar outras cousas, como o tamaño o estadio no que está».

Actividades

A1. Noticia completa: Na páxina 29 de La Voz de Galicia.

A2. Unha historia persoal: Para poñer un exemplo real da axuda especial dalgúns cans, podes ler a historia que vén a continuación na mesma páxina do xornal: A muller que se salvou grazas á súa cadela, pág. 27 / Sociedade.

A3. Seguro que moitos de vós teredes can en casa. Bo, pois se os exames permítenvolo, é hora de contar algunha historia.

A4. Por certo, ¿cantos teñen na sua casa, leira, xardín… teñen can? ¿Colección de nomes?

A5. DESPEDIDA. Case, mañá farémolo…. E bo verán.