O poema épico por excelencia de Portugal é Os Lusiadas, de Luís Vaz de Camöes. O poema canta os motivos históricos que mellor identifican aos portugueses, obxecto do título, como nación que ocupou un lugar na historia, as súas viaxes e expedicións de descubrimentos de novas terras e novas rutas durante o século XVI. Camöes, que participou nalgunhas das expedicións portuguesas, canta particularmente a de Vasco de Gama, que abriu, por primeira vez, a vía entre Lisboa e Calcuta contornando as costas de África, pero ao comezo do texto pon en boca do almirante toda a historia anterior de Portugal, convertendo a todo o seu pobo no protagonista da época dos descubrimentos. Esta primeira parte termina ao final do canto IV coa escena do Vello de Restelo, que profetiza aos expedicionarios moitos sufrimentos. Desde o canto V ata o X e último nárranse as vicisitudes da viaxe de Vasco de Gama, mesturadas con máis lembranzas históricas, con fabulosas aventuras imaxinarias e con profecías respecto do futuro inmediato.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies