
Abordamos agora a avaliación de actividades posibles suxeridas neste e-studio.
7.1 En primeiro lugar, existe unha actividade preferente: que os alumnos xoguen ao xadrez, simplemente porque é un xogo importante, prescindindo de momento de se fomenta ou non o desenvolvemento da intelixencia, que é unha cuestión á parte.
A avaliación desta actividade só se pode medir por unha realidade dobre: qué fai o centro educativo e cómo fomenta a participación e formación dos alumnos; e, segundo, cantos alumnos, de forma individual, pola súa conta, realizan esta actividade sos ou en clubs de xadrez externos á escola.
7.2 En segundo lugar, a avaliación diríxese a comprobar ata qué punto os profesores e alumnos son conscientes e están ou non de acordo en qué tipo de vantaxes pode achegar o xadrez no desenvolvemento da intelixencia ou doutras habilidades nos alumnos.
7.3 E, para iso, suxerimos algunhas actividades de reflexión, propondo algunhas frases que poden dar lugar a un pequeno debate sobre a súa opinión persoal neste tema:
A) O xadrez, en xeral, axuda ao desenvolvemento da intelixencia: si / non. ¿Por que? (Opinión libre, confróntense os datos que figuran neste e-studio).
B) O xadrez axuda soamente ao desenvolvemento dalgún tipo de intelixencia, pero non de todas: si/non. ¿Cales? (Cfr.: le antes o Anexo 1).
C) O xadrez, aínda que non axude demasiado ao desenvolvemento da intelixencia, axuda certamente ao desenvolvemento dunha serie de habilidades, como a educación visual, a memoria, a imaxinación espacial. (Cfr.: Le antes o Anexo 2)
D) O xadrez e a educación académica dos alumnos vai por distintos camiños: aínda que sempre o xadrez pode proporcionar algunha axuda, non hai garantías que a práctica do xadrez mellore os niveis de estudo nos alumnos. (Cfr. a túa propia experiencia).
ANEXO 1
Os oito tipos de intelixencia
Howard Gardner engade que igual que hai moitos tipos de problemas que resolver, tamén hai moitos tipos de intelixencia. Ata a data Howard Gardner e o seu equipo da Universidade de Harvard identificaron oito tipos distintos:
-Intelixencia lingüística. A que teñen os escritores, os poetas, os bos redactores. Utiliza ambos os dous hemisferios.
-Intelixencia lóxica. A que se utiliza para resolver problemas de lóxica e matemáticas. É a intelixencia que teñen os científicos. Correspóndese co modo de pensamento do hemisferio lóxico e co que a cultura occidental considerou sempre como a única intelixencia.
-Intelixencia espacial. Consiste en formar un modelo mental do mundo en tres dimensións. É a intelixencia que teñen os mariñeiros, os enxeñeiros, os cirurxiáns, os escultores, os arquitectos ou os decoradores.
-Intelixencia musical. É aquela que permite desenvolverse adecuadamente a cantantes, compositores, músicos e bailaríns.
-Intelixencia cenestésica. A capacidade de utilizar o propio corpo para realizar actividades ou resolver problemas. É a intelixencia dos deportistas, os artesáns, os cirurxiáns e os bailaríns.
-Intelixencia intrapersonal. É a que permite entenderse a si mesmo. Non está asociada a ningunha actividade concreta.
-Intelixencia interpersoal. A que permite entender aos demais; adóitase atopar nos bos vendedores, políticos, profesores ou terapeutas.
-Intelixencia naturalista. A utilizada cando se observa e estuda a natureza, co motivo de saber organizar, clasificar e ordenar. É a que demostran os biólogos ou os herbolarios.
ANEXO 2
XOGOS VISUAIS MEMORIA ORIENTACIÓN
Parece bastante claro nas investigacións neurocientíficas e experimentais que, polo menos, o xadrez fomenta unha serie de competencias visuais, memorísticas e espaciais.
Para entender ben de qué se trata, pódese acudir ao dito sobre estas actividades reflectidas nos lóbulos e ao gráfico que os describe: pero tamén a xogos que axudan coa súa práctica a entender de qué se trata.
2.2Xogos visuais:
2.2 Xogos de memoria, lóxica e observación
Xogos de lóxica e memoria
www.misabueso.com/juegos/juegos_de_logica_y_memoria.html
2.3 Xogos de orientación espacial
Xogo do Tangram: fabricación dos compoñentes e práctica