Fernando Pariente.

A guerra cambiou de rumbo e tornouse favorable aos aliados. As tropas alemás e italianas non foron capaces de resistir no norte de África e perderon todo aquel territorio. Era preciso definir os obxectivos seguintes. Os norteamericanos preferían intentar xa o asalto a Europa desde as costas inglesas, pero Churchill prefería desembarcar en Sicilia. Por iso reuniuse a Conferencia de Casablanca entre o presente norteamericano, Franklin Roosevelt; o primeiro ministro inglés, Winston Churchill, e os xenerais franceses De Gaulle e Giraud. Stalin declinou a invitación. Dende o 14 ao 24 de xaneiro de 1943 discutiron a proposta de Churchill, que acabou por convencer a Roosevelt da conveniencia de ser cautos e debilitar máis ás potencias do eixe cun ataque sobre Italia antes de intentar o asalto final a Europa.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies