A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

A chegada á Lúa planeouse en español O astrofísico venezolano Héctor Rojas realizou os cálculos matemáticos para que a aluaxe se fixese con seguridade. A NASA acaba de desclasificalos

A chegada á Lúa planeouse en español O astrofísico venezolano Héctor Rojas realizou os cálculos matemáticos para que a aluaxe se fixese con seguridade. A NASA acaba de desclasificalos

Parte dos diagramas e extrapolacións realizadas por Héctor R. Rojas nos tres informes que acaba de desclasificar a NASA trala presión realizada polo seu biógrafo | NASA

PABLO GONZÁLEZ | REDACCIÓN / LA VOZ | 11/10/2019

Unha reseña dun xornal de febreiro de 1969 anunciaba que o astrofísico venezolano Héctor Rojas (1928-1991) viaxaría á Lúa «dentro de dous anos». Nunca ocorreu, a pesar de que estaba incluído no grupo de elixidos para unha misión puramente científica. O home que estudou con complexos cálculos matemáticos cal era o lugar máis apropiado para que Neil Armstrong deixase a primeira pegada humana na Lúa, o físico inexplicablemente esquecido pola historiografía oficial da NASA, foi clave para que os astronautas alunizaran con seguridade no módulo Eagle aquel domingo de xullo de 1969. E hai que recordar que calquera indicio de risco tería abortado a operación.

Recentemente, a NASA desclasificou tres dos catro documentos que se cre que confeccionou Rojas para que o paso dos astronautas pola lúa fose o máis seguro posible, dentro do traballo que desenvolveu este científico para o programa Apolo entre 1966 e 1971. Ademais, tiña raíces españolas, pois a súa nai, Francisca, era natural de Asturias.

En boa medida, esta desclasificación produciuse pola presión do seu biógrafo, o tamén venezolano de orixe galega Pierre Monteagudo, autor de dous libros sobre o científico hispano que agrupou baixo o título Expediente Rojas.

Actividades

1. Se segues lendo a noticia saberás como se lograron desclasificar eses documentos (¿que é isto?) e por que aparece alguén de Cambados en toda esta apaixonante historia.

2. ¿Sabes que é a NASA e para que vale?

3. Ir á Lúa era unha viaxa aspiración. De feito, a primeira película da historia trata diso, dunha viaxe ao noso único satélite.

4. Esa película dura oito minutos e, claro, é en branco e negro. ¿Queres vela?

5. Elixe un planeta, unha estrela ou un satélite. Imaxína que vas ata alí. ¿Que esperas atopar?

6. E acabamos como terminabamos onte: calquera cousa que non saibas da Lúa ou do programa Apolo ou de naves espaciais, ¡pregúntanola e contestarémosche!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies