Fernando Pariente.

Napoleón escapou da illa de Elba o 26 de febreiro de 1815 e recuperou o mando do seu exército e o poder, iniciando o período denominado dos Cen Días. Gran Bretaña e Prusia reaccionaron con rapidez e puxeron na fronteira norte de Francia dous exércitos: o británico, aliado a holandeses e belgas, e mandado polo duque de Wellington, que contaba con 67.000 homes; e o prusiano, mandado polo mariscal Von Blücher, que contaba con 60.000. As tropas de Napoleón contaban con 74.000 soldados. O emperador decidiu tomar a iniciativa e atacar ao inimigo antes de que iniciase a invasión de Francia que preparaba. O ataque francés comezou despois do mediodía do 15 de xuño. Foi, xa que logo, unha batalla que se desenvolveu en distintos días e tivo diferentes escenarios: o pobo de Ligny, Quatre Bras, Wavre e o monte de Saint-Jean. Deuse por cumprida o día 18 de xuño ás 21,00 horas, cando Wellington e Von Blücher atopáronse no que fora o cuartel xeral de Napoleón, na Belle Alianc. A fama da vitoria leváronlla Wellington e os británicos, pero quen máis contribuíron a ela no campo de batalla foron os alemáns de Von Blücher.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies