Presentamos algúns enlaces da palabra «opinión» en xornalismo e os distintos xéneros máis utilizados.

5.1 Libro de Estilo de La Voz de Galicia

Artigo. É o xénero de opinión utilizado máis profusamente en La

Voz de Galicia. Nos artigos, redactores e colaboradores do xornal expresan as súas apreciacións persoais acerca de todo tipo de asuntos, preferentemente de actualidade, ou relatan con trazos literarios impresións e historias.

Crítica. As críticas son artigos onde os especialistas nun campo determinado analizan obras de creación ou espectáculos. O seu fin

primordial é informar e orientar ao lector.

Cartas ao director. Son textos nos que os lectores manifestan

as súas opinións sobre os máis variados temas e nos que fan públicos diversos asuntos. Cando estes sexan problemas particulares, só se difundirán se teñen interese xeral, ben pola singularidade do caso, ben porque este poida afectar a outros moitos lectores.

5.2 Guía del profesor A / La Noticia. Guía del profesor B / El periódico

Textos de opinión. Os textos de opinión adoitan presentarse de tres formas diferentes: editoriais, artigos e cartas ao director. De todo iso ocúpase a «Guía do profesor B / O periódico» no apartado C19.

Exercicios de análises dunha noticia: Guía do profesor A / A noticia, desde a Ficha A5.1 á A5.20

5.3 WIKIPEDIA

Opinión (Xornalismo). A opinión é un xénero xornalístico que se caracteriza pola exposición e argumentación do pensamento dun personaxe ou medio de comunicación recoñecido acerca dun tema. A orixe da opinión é a procura das causas dos feitos. Varios autores consideran que os xéneros de opinión requiren pórse no lugar do outro para ampliar o horizonte perceptivo. Nos xornais, os xéneros de opinión utilízanse para reforzar a liña editorial. As páxinas de opinión convertéronse en seccións protagonistas nos diarios desde principio do século XX. Xéneros de opinión: editorial / artigo / columna / cartas ao director…

5.4 Fundación para el Pensamiento Crítico

R. Paul / L. Elder

Estándares intelectuais

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies