OLGA SUÁREZ

Non cumpriron a maioría de idade pero xa teñen experiencias dabondo para poñerse diante e detrás dunha cámara para crear as historias máis orixinais. Son os alumnos de 25 centros educativos coruñeses que nos últimos meses participaron no programa Cinema na Escola, organizado polo Concello de A Coruña para promover a cultura audiovisual e a aprendizaxe cinematográfica entre os máis novos, por ser unha industria na que A Coruña ten grandes profesionais.
O auditorio Ágora acolleu a gala final na que participaron máis de 400 alumnos xunto cos seus profesores, acto no que coñeceron o nome das obras gañadoras. Na categoría de Secundaria, o premio á Mellor Curtametraxe foi para O derradeiro acorde, a obra presentada polos alumnos do Ies Salvador de Madariaga, que tamén obtivo o premio Mellor curtametraxe, Mellor guion e edición e Mellor montaxe. O CPR Esclavas recibiu o premio á Mellor Fotografía por A luz escura, o CPR Franciscanos o premio aos Mellores Efectos Visuais por Non é un xogo; e o CPR Fogar de Santa Margarida recibiu dous premios: Mellor son e Mellor interpretación pola súa curtametraxe Fuxide.


No eido das presentadas polo alumnado de primaria, o CPR Cid foi o claro pola súa curta Atrévete ti, levando os premios á Mellor edición e montaxe, Mellores efectos visuais, Mellor interpretación e Mellor curtametraxe. O CEIP Eusebio A Garda foi galardoado cos premios á Mellor fotografía e Mellor son por Spiderman; e o premio ao Mellor guión foi para o CEIP Novo Mesoiro pola súa curta O segredo de San Martiño.

Participantes no Cinema na escola
Ademais, houbo un premio especial, ao Mellor acollida do público baseado na curtametraxe máis viral. O galardón foi, na categoría de primaria, para o centro CEIP Sagrada Familia por Un libro en branco e na categoría de secundaria, para o IES Salvador de Madariaga por O derradeiro acorde. Todos os traballos presentados poden visualizarse na canle de youtube da concellaría de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego.
Os asistentes á gala, presentada polo cómico coruñés Víctor Grande, puideron gozar de múltiples sorpresas. Varios artistas agasallaron aos participantes cun vídeo saúdo, desexándolles unha boa xornada e animándolles a continuar no mundo cinematográfico. Entre estes atopábanse humoristas e actores como Xosé Touriñán, David Perdomo e Lucía Veiga ou o tamén director de cine Luis Piedrahita. Belén Tajes e Sés achegaron a nota musical ao elenco de artistas, enviando unha mensaxe de apoio aos nenos e nenas do proxecto.
Tamén a alcaldesa Inés Rey quixo mandar un saúdo aos participantes: «É moi probable que entre vós estean as futuras directoras de cine, realizadores, produtoras e algún actor ou actriz de éxito que comeza con ‘Cinema na Escola’ o seu camiño no mundo da sétima arte», afirmou.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies