O. S.

As habilidades sociais son tan importantes como as matemáticas a lingua o a bioloxía. No CPR Plurilingüe Eduardo Pondal de Cangas están a traballar este tema vinculado á violencia machista nun obradoiro cos estudiantes de cuarto da ESO. O pasado 10 de febreiro os alumnos recibiron a visita das responsables da asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo. Durante a charla, a mocidade puido compartir os seus  puntos de vista e dúbidas sobre temas como as relacións tóxicas, a comunicación dentro  da parella, a linguaxe inclusiva e a igualdade en ámbitos como a Internet, a televisión, o  deporte e a cultura. 

O obradoiro, ofrecido pola asociación, foi o colofón ás intervencións artísticas  reivindicativas «Netas de bruxas» e «Guarrilla girls» levadas a cabo polo alumnado  durante este curso e o anterior, dentro do programa Cangas en Negro organizado polo CIM do Concello de Cangas co gallo de 25 de novembro, Día Internacional Contra As  Violencias Machistas. 

O alumnado aproveitou a sesión para facer entrega do recadado coa venta de camisetas,  bolsas e cuncas da marca creada por eles mesmos para unha das súas intervencións.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies