O concurso Galicia, auga, literatura e rap, que organiza La Voz de Galicia a través de Prensa-Escuela coa colaboración de Viaqua xa ten gañadores: seis grupos de outros tantos centros educativos galegos:
Categoría infantil. Gañou un equipo do CEIP Curros Enríquez de Ourense, pola súa versión de Os cóbados no barandal, de Manuel Antonio. O segundo posto foi para un grupo do Conservatorio de Música Elemental de Cambados, que misturo O pozo e Canción de Berce, ambos poemas de Xosé María Álvarez Cáccamo.
Prema para ver o vídeo do CEIP Curros Enríquez
Prema para ver o vídeo do conservatorio de Cambados
Categoría xuvenil. Gañou o colexio María Inmaculada de Silleda, cun traballo sobre Ribeirana, de Vítor Campio, e o segundo lugar foi para o colexio Esclavas de A Coruña pola súa interpretación de Onda, un poema de Xosé María Álvarez Cáccamo.
Prema para ver o vídeo do CPR Inmaculada
Prema para ver o vídeo das Esclavas
Categoría Educación Especial. Os gañadores foron rapaces do colexio Nosa Señora do Rosario de A Coruña que rapearon Cantares gallegos, de Rosalía.
Prema para ver o vídeo de Nosa Señora do Rosario
Categoría redes sociais. Nesta categoría alzouse co triufno o IES O Mosteirón, de Sada, pola súa interpretación de Sangue da natureza, de Xosé Neira Vilas.