JESÚS GARRIDO

Unha das actitudes máis importantes que adoitan citarse cando os alumnos traballan coa noticia na aula é o desenvolvemento do sentido crítico.

Non abonda que coñezan as noticias importantes, interesantes, investigables, que fomentan a súa iniciativa e que os axudan a inventar algo útil para, seguindo a hipótese dos 5 is, facer un mellor desenvolvemento da súa vida. O autor Richard Paul, experto na educación do sentido crítico, fai en Critical Thinking unha análise comparativa da diferenza entre a teoría didáctica (TD) e a teoría crítica (TC). Aplicada á noticia na aula, poderiamos ir deducindo cal é o camiño que eliximos para un mellor traballo en clase e analizamos as súas vantaxes, posibilidades, recursos, tempos que temos e variantes que seleccionamos para conseguir os obxectivos que nos propomos cada día cos alumnos e a súa relación co programa académico.

Aprendizaxe e noticia

Aínda que a análise da aprendizaxe e posta en práctica do sentido crítico é moi ampla, o seu resumo en 20 variantes aplicadas á aprendizaxe das materias axuda á súa intelixente aplicación ao traballo suplementario co xornal. Por exemplo, axuda o traballo co xornal na aula a entender a diferenza entre o feito que sucedeu e cal foi proceso dese acontecemento?

Todo coñecemento a fondo dun feito importante que nos suxire a noticia no xornal leva consigo procesos que se parecen moito ao sistema dinámico de aprendizaxe que adoita utilizarse na aula sobre os temas importantes de cada materia: coñecemento, comprensión, aplicación, análise, síntese… Aínda que, naturalmente, depende da importancia de cada feito que nos brinda cada día o xornal.

As 20 variantes S/C

Os estudos sobre o desenvolvemento do sentido crítico e a súa aplicación á aprendizaxe escolar son moi amplos e non se limitan ao exemplo anterior. Leva consigo unha serie de temas que podemos ir resumindo en diversas entregas para esta páxina de La Voz de la Escuela.

Temas como o desenvolvemento do coñecemento, o desenvolvemento integral da persoa, a transmisión do coñecemento a través das noticias, a educación da persoa, a transmisión do coñecemento a través do estudo das noticias, a capacidade de escoita e atención ao que sucede cada día, o desenvolvemento da capacidade de escoita, o feita de saber ler e escribir sobre unha noticia, o adestramento de facer preguntas ao profesor ou aos compañeiros de clase, o estilo individual ou grupal na participación da aprendizaxe, o lograr facer preguntas que responden á necesidade de saber de cada un, o ambiente unidireccional ou cambiante da comunicación na aula.

E, en todo caso, o sentido de aprendizaxe vertical de profesor-alumno ou interpares, a aprendizaxe vital de non agardar soamente un futuro en que aplicarei os meus coñecementos e actitudes perdendo a ocasión de compartir pupitre e comunicarse xa… repartir coñecementos e actitudes ante o que se aprende xa.

E, case finalmente, limitar a aprendizaxe vital de valores que se envían ao arquivo por se algún día os necesitamos ver na práctica futura.

Aprendizaxe significativa

En fin, o que adoitan dicir os sabios que anuncian os seus desvelos: «Os alumnos só aprenden a fondo aquilo que ten significado persoal e grupal nas súas vidas».

Verémonos, pupitre a pupitre, ou páxina a páxina, nas que o xornal xenerosamente nos conceda en La Voz de la Escuela, durante varias sesións ao longo do tempo escolar destas páxinas.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies