JESÚS GARRIDO

Na anterior entrega de La Voz de la Escuela propuxémonos dedicar unha serie de entregas que poidan axudar a profesores e alumnos non só a traballar coas noticias na súa aplicación ás diversas áreas de aprendizaxe, senón tamén a mellorar o desenvolvemento do sentido crítico dos alumnos.

Didáctica e crítica

Partimos de dúas teorías que explican como traballar coa noticia para educar o sentido crítico: a teoría didáctica (TD) e a teoría crítica (TC). Non se trata, xa que logo, de cambiar o obxectivo principal que nos propuxemos desde o principio sobre o traballo e eficacia da utilización das noticias do xornal na súa aplicación da actualidade ás áreas oficiais de aprendizaxe, que, oficialmente, é o obxectivo clave e ineludible no sistema prensa-escola que segue desenvolvéndose a nivel internacional: The Learning Network nos Estados Unidos, The Guardian en Inglaterra, Clemi en Europa central… e que todos entran no ámbito técnico e comunicativo da clave Newspapers in Education (NiE): t.ly/lXiC

Quizais o mellor para entendérmonos ben desde o principio é seguir os exemplos que Richard Paul, o autor da publicación Critical Thinking (editorial Binker, 1922), nos propón, con gran claridade, o cal nos suxire que inventemos outros exemplos para que os alumnos distingan, aos poucos e con maior claridade, en que se diferencian este par de letras diferentes: TD/TC.

E algo moi importante: dado que nos propomos que este tema do sentido crítico e o seu desenvolvemento na aula permaneza durante varias entregas en La Voz de la Escuela é imprescindible o arquivo do que se vai publicando ao longo de varios exemplares. Só así poderemos entendernos mellor, xa que moitas veces temos que citar conceptos ou suxestións explicadas anteriormente. No anterior número do suplemento citamos dous exemplos que definen en que consiste a teoría didáctica (TD) e en que se diferencia da teoría crítica (TC). Cal é máis doada, máis segura… e axuda máis ao desenvolvemento do teu sentido crítico? Pois nisto imos estar en varias entregas da Guía do profesor. Le, discute e garda as entregas de cada mércores. Ter sentido crítico e saber aplicalo é un tesouro. E é doado conseguilo!

Actividades

Fixámonos, por exemplo, nas Actividades en dous temas educativos: educación da persoa e transmisión do coñecemento. En que consistiría cando utilizamos a teoría didáctica (TD) ou a teoría crítica (TC)? Cal é máis práctica, cal resulta mellor e máis efectiva? Pensa e decide.

1. Educación da persoa. Eliximos, por exemplo, que leva consigo a educación da persoa, neste caso a educación do sentido crítico nos alumnos, e explicamos un pouco ambas as teorías.

Teoría didáctica: un alumno que consegue unha educación efectiva é o que dispón dunha ampla base de coñecementos, algo así como un banco de datos ou unha enciclopedia…

Teoría crítica: unha educación efectiva leva consigo non tanto un conxunto de coñecementos e datos illados, senón, máis ben, a aprendizaxe de estratexias, habilidades, conviccións baseadas na propia experiencia, capacidade de chegar a establecer procesos no propio pensamento ante o que vai xurdindo na vida.

2. Transmisión do coñecemento. Teoría didáctica: o coñecemento das cousas transmítese dunha persoa a outra especialmente de forma oral, a base de información didáctica nas aulas, libros de texto e recursos similares.

Teoría crítica: un certo coñecemento das cousas pode transmitirse oralmente, pero a súa comprensión e significado require un proceso interno da persoa que o recibe.

NOTA IMPORTANTE: Seguiremos con exemplos *TD/*TC e o desenvolvemento do “Sentido Crítico nos Alumnos”. Se che interesa o tema, garda desde do anterior número 1, editado o 2/11/2022.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies