2. CONTIDOS

Ademais de estudar a biografía e a produción literaria de Álvaro Cunqueiro, para comprender a súa actualidade e transcendencia, propomos un achegamento ás claves temáticas e estilísticas para comprender a súa obra.

Dende un punto de vista máis práctico, propomos a lectura e a análise dun relato curto, coa intención ou suxestión de que o alumno continúe a lectura doutras obras do autor pola súa conta.

O escritor mindoniense coñecía, e valoraba, ben o mundo natural e as tradicións orais da terra. Tamén falou frecuentemente da fantasía como un xeito adecuado de entender o mundo. E cultivou un humor amable. Valores, todos estes, dignos de seren transmitidos aos alumnos.

De conceptos

-Coñecemento da biografía de Álvaro Cunqueiro e a súa situación na historia da literatura.

-Coñecemento da obra literaria do autor, os xéneros que cultivou e as súas obras. O lugar do artigo periodístico na literatura.

-Achegamento aos relatos cunqueiráns. A fantasía, a galeguidade, o estilo.

De procedementos

-Lectura dun relato típico do autor.

-Análise do relato lido para atopar nel as súas características estilísticas.

De actitudes

-Valoración do patrimonio rural e natural galego e as lendas tradicionais e populares non só como material literario.

-O ser galego, á marxe de lugares comúns.

-A fantasía como un xeito máis de comprender a realidade. E o humor amable do autor.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies