L. Cancela, S. Cabrero 
Falar coa xente que cada día convive connosco no noso concello pode ser unha forma moi interesante de coñecer os problemas que nos rodean e, como non, xogar a ser xornalistas por un día. E esa foi precisamente a actividade que desenvolveron os alumnos do CPI Cernadas de Castro, de Lousame; e o IES Francisco Asorey, de Cambados, os dous centros educativos que esta semana publican a súa reportaxe no concurso Xornalismo na Escola, que organizan La Voz de Galicia e Ence.
Os alumnos de Lousame centraron a súa investigación nas minas que rodean as súas casas, esas que tanto teñen achegado á economía da vila nas últimas décadas. «Foi unha experiencia moi positiva porque lles axudou a facer un exercicio práctico de moitos dos contidos que se estudan no currículo», explica o profesor Alfonso Barata. A súa reportaxe entra na categoría Ence en tanto explora o desenvolvemento económico do medio rural.
Con esta experiencia, os alumnos de 3.º da ESO melloraron a súa capacidade de traballar en grupo, coñecer a súa historia e a do patrimonio municipal: «Serviu para que aprenderan como vivían os seus avós e bisavós».

La Voz de la Escuela. Concurso Prensa Escuela Alumnos del grupo «el marisco se va de vacaciones» de 3.º ESO C.
IES Francisco Asorey

 

En Cambados
Pola súa banda, o grupo do instituto Francisco Asorey, en Cambados, escolleu un tema que lles afecta en primeira persoa: a diminución de poboacións de marisco na ría. Para converterse en xornalista por un día, a clase de 3.º da ESO dividiuse en varios grupos e só un dos traballos se presentou ao concurso. Saísen ou non elixidos, a experiencia resultou positiva para todos eles: «Contar cun medio de prensa que eles coñecen motivoulles bastante. Ademais, a nivel de competencias resultounos moi útil, porque nos permitiu saír da teoría», conta Alberto Luís Fernández, responsable do grupo e profesor de Lingua Castelá. Preparar a reportaxe foi unha aprendizaxe continua. Empezaron polas bases, ler o xornal para coñecer a estrutura dun artigo. Despois, puxeron en práctica a expresión oral, «á hora de facer entrevistas», e a escrita, «có obxectivo de redactar», precisa Fernández. Un proxecto que o profesor considera global e que cre que se repetirá no futuro.
Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies