Hoxe, 16 de xuño, celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Neno Africano, unha data na que se trata de facer reflexionar sobre as necesidades e problemas graves que teñen moitos nenos no devandito continente. A sida, a inestabilidade política, as guerras, a fame e a falta de sanidade e educación son só algúns dos problemas dos que son vítimas silenciosas millóns de nenos.

En 1976 miles de escolares nas rúas de Soweto, en Suráfica, manifestáronse para reclamar un ensino de calidade e ser educados na súa lingua materna. Centos de escolares foron tiroteados nesa protesta e nas que a seguiron durante dúas semanas. Pero 25 anos despois a situación non cambiou.

Os problemas, que son xerais para a poboación (pobreza, fame, desnutrición, malaria, desigualdades sociais, explotación laboral…), volvéronse moito máis críticos e poden afectar ás chamadas flores que nunca murchan, os bebés que no futuro deberían dar substitución nestas nacións. Segundo Unicef, nos países onde a falta de financiamento pon en perigo a supervivencia dos cidadáns, a protección dos dereitos dos nenos e menores está nun segundo plano.

URXENCIAS ESQUECIDAS

Só dous dos dez países que se enfrontan a urxencias recorrentes están en camiño de alcanzar os obxectivos de financiamento de Unicef. O resto apenas alcanzarán a metade.

Os cinco países con urxencias recorrentes que presentan unha peor situación neste aspecto son: Angola (14 % dos fondos necesarios), Burundi (19 %), Guinea (20 %) e Eritrea (24 %). En países nos que a supervivencia mesma se ve en perigo ante a falta de financiamento, os nenos ven como a protección dos seus dereitos parece quedar nun segundo plano. Con todo, o cumprimento e a garantía destes dereitos é fundamental para o progreso dos países máis castigados de África (t.ly/DtHh).

Unicef dá a benvida á decisión do G8 ( Canadá, Estados Unidos, Francia, Italia, Alemaña, Reino Unido e Xapón, e Rusia, que foi expulsada tras a crise de Crimea do 2014) de cancelar a débeda dos 18 países máis pobres do planeta. Con todo, dos países africanos con urxencias recorrentes soamente Etiopía e Uganda verán a súa débeda cancelada. Unicef insta os líderes do G8 a que consideren incrementar a axuda aos países africanos, especialmente a aqueles que intentan recuperarse de urxencia tras urxencia. «Baixo o mesmo sol, baixo o mesmo ceo xogan nenas e nenos con cintos de vento. / Baixo o mesmo sol, baixo a mesma lúa, ambos xogan en Tete e en Coruña». Este é o refrán da canción do proxecto Fitas de Vento, un proxecto solidario e aberto entre as escolas infantís de Galicia e a provincia de Tete, en Mozambique.

O blogue do proxecto ilustra o día a día dos nenos africanos, e axuda a contextualizar, sen dramas e con esperanza, como viven estes nenos. Escribe a smmesil17@gmail.com e pregunta en que podes colaborar.

ACTIVIDADES

1. Centos de miles de persoas reclaman un maior financiamento que permita abolir o endebedamento dos países africanos máis pobres para protexer o elo máis débil da cadea: a infancia. Anímate estendendo a barreira e enchendo a Rede de noticias que sensibilicen sobre a situación dos nenos en África.

2. Anímate a coñecer aos nenos africanos: que pensan, como viven, como chegan a nós. Hai centos de proxectos educativos cos que podes colaborar e moitas escolas africanas con portas abertas para a colaboración.

3. Liberia: máis de medio millón de nenos perdéronse a escolarización durante os 15 anos de guerra do país e incluso máis de 40.000 nenos foron liberados. Existe unha escaseza crónica de fondos para desenvolver programas que lles permitan reintegrarse á sociedade.

4. En Burundi, a desnutrición infantil rolda o 50 % e só o 50 % dos nenos asisten á escola…

5. En Mozambique, a pandemia deixou sen escola aos nenos durante un ano enteiro.

6. Asistir á escola é unha garantía de protección para os nenos africanos. A escola non soamente alfabetiza e posibilita saír do círculo da pobreza, senón que tamén protexe de casamentos prematuros, do traballo infantil, da inseguridade… e garante o control sanitario e o acceso a unha comida ao día.

PARA SABER MÁIS

-Os bebés e as nenas nas urxencias esquecidas de África.

Proxecto Muli Bwanji.

-Día Internacional do Neno Africano: dereitos logrados do 2002 ao 2020.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies