Os teus ollos ofrécenche unha visión do mundo a toda cor, en tres dimensións. E, por se fose pouco, actualizada de xeito constante.
Pero sabes como funcionan e como nos permiten ver todo o que nos rodea? Os raios de luz entran nos teus ollos atravesando a córnea, unha xanela en forma de cúpula. Estes raios son despois detectados pola retina, unha capa de células ultrasensibles á luz.
A partir da luz que recibe, o noso ollo xera sinais nerviosas que son inmediatamente enviadas até o cerebro.
Agora, mírate aos ollos. Son iguais os iris dos teus ollos? Podes ver dentro da túa pupila? Achégate até un espello e compróbao.
Prema aquí para ver o vídeo coa explicación
Un círculo coloreado
O primeiro que atoparás no teu ollo é un círculo coloreado. Iso é o que chamamos iris. O iris pode ser de moitas e diferentes cores: marrón, azul, verde, abelleira (unha combinación de verde e marrón), gris ou incluso podemos atopar ollos que teñan unha cor violeta.
Cando mires o teu iris no espello descubrirás que non é dunha única cor, senón que é o resultado da combinación de moitas diferentes.
A pupila é en realidade un burato no iris que deixa entrar a luz no noso ollo. Todos temos pupilas redondas e negras, pero non sempre teñen o mesmo tamaño. Con luz intensa, a túa pupila faise máis pequena. E na penumbra, faise máis grande.
Por certo, ¿tes visto algunha vez esas gafas de sol que se escurecen cando hai moita luz e se aclaran na escuridade? Pois os teus ollos tamén se axustan de xeito automático cada vez que premes a luz.
Podes comprobalo tamén no espello apagando e acendendo a luz. O que sucede é que a túa pupila é un pequeno burato que permite entrar a luz no teu globo ocular. Vese de cor negra porque o interior dos teus ollos está escuro.
Por outra parte, o iris dos teus ollos contén varios músculos. Cando a luz é suave, un grupo de músculos do iris contráese e fai que a pupila aumente de tamaño, deixando pasar máis luz ao interior.
Cando a luz é moi intensa, un grupo diferente de músculos contráese. E deste xeito provoca que a nosa pupila se faga máis pequena. Así, deixará pasar menos luz ao interior.
Resposta rápida
As pupilas responden moi rápido a calquera cambio na intensidade da luz que reciben.
O funcionamento deste órgano é como levar unhas gafas de sol de serie.