O. SUÁREZ

Doce rapaces e rapazas que estudan en cinco centros educativos da provincia de Ourense gañaron nas diferentes categorías do Concurso Escolar de Creación Artística organizado pola Facultade de Ciencias, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense da Universidade de Vigo para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Na categoría de ESO, na modalidade visual o primeiro premio foi para Eva Sandín, do Colexio Padre Feijoo-Zorelle de Ourense; o segundo para Carla Rodríguez, del Santo Ángel, tamén na capital ourensá, e o terceiro para Marta Rivero, do IES Castro Baroncelli de Verín. Na modalidade literaria, o primeiro premio foi para Alejandro López (Colexio Padre Feijoo-Zorelle); o segundo para Adrián Andrés Vercher (Colexio Pablo VI, de A Rúa) e o terceiro para Sara Feijóo, do IES Allariz. En Educación Primaria, na modalidade visual os galardóns foron para tres estudantes do colexio Padre Feijoo-Zorelle, concretamente para Alexandra González, Yanira Fernández e Naiara Becker. Do mesmo xeito, na modalidade literaria recaeron en tres estudantes do colexio Pablo VI: Celia Daga, Izan Fernandes e Noemí Prieto.

Nos seus textos literarios, debuxos e vídeos, rapazas e rapaces abordaron desde a figura de coñecidas científicas actuais e históricas, como Hipatia e Jane Goodall, ata a importancia de que as nenas desenvolvan as súas vocacións científicas. Os galardóns entregáronse onte, no salón de actos Marie Curie do edificio Politécnico do campus, no marco da feira científica e divulgativa eXXperimenta en Feminino, que contou coa asistencia de máis de 300 escolares da provincia e contorna.

Os obxectivos da iniciativa son promover o coñecemento por parte do alumnado preuniversitario do papel das mulleres na ciencia e na enxeñaría e as súas achegas ao desenvolvemento humano ao longo da historia; axudar a visualizar este papel e chamar a atención destes estudantes sobre o eido CTEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas). Nesta edición, comentan desde a organización do certame, presentáronse 130 traballos literarios e visuais realizados por escolares de Primaria e Secundaria, salientando o feito de que alén desta cifra, o concurso ten conseguido unha vez máis «que nos colexios se falase da muller na ciencia e que moitos escolares descubriran a grandes científicas».

 

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies