JESÚS GARRIDO
Con frecuencia fálase das sete pistas para entender unha noticia e abordar a súa análise sistemática. Son as que atopamos preguntando ao texto quen, que, onde, por que, como, cando e canto. Está moi ben. Pero o xornal, listo e rápido, converte moitas ou algunhas veces as sete pistas en sete fiestras, mesmo xa desde a súa primeira páxina. Fíxate, se non, na súa habilidade suxestiva para invitar a ver algo do que o pasa alí dentro.
Ímolo ver con exemplos extraídos das noticias que apareceron en La Voz do 17 de marzo deste 2023.
1 | Quen. «Sociedade. Morre aos 93 anos o oftalmólogo e intelectual Manuel Sánchez Salorio».
2 | Que. «O BCE [Banco Central Europeo] sobe os tipos de xuro e descarta unha crise unha crise na banca europea. As entidades españolas negan que exista risco de contaxio. Asegurados os rescates de Credit Suisse e First Republic Bank».
3 | Onde. «Onda de roubos nos Castros. A carnicería Daniel, na avenida da Concordia, foi asaltada en tres ocasións ao longo da noite do mércores».
4 | Por que. «Deportes. Mackay: “No vestiario téñenme máis respecto do que me gustaría”».
5 | Como. «Economía. A reforma das pensións prevé igualar viuvez con xubilación. O Consello de Ministros aprobou onte a segunda parte da reforma das pensión. Pasa agora ao Congreso, onde o ministro Escrivá logrou apoios tras elevar as de viuvez e as non contributivas».
6 | Cando. «A Xunta Electoral obrigará aos letrados en folga a traballar nas eleccións».
7 | Canto. «Rafa Castaño leva o bote de Pasapalabra: máis de 2,2 millóns de euros. Sen un só fallo, o sevillano completou a rosca do concurso Pasapalabra e derrotou finalmente a Orestes tras 197 programas competindo. Lea 2.272.000 euros, o bote máis cuantioso do programa» de televisión.
ACTIVIDADES
Pasen e vexan! É máis rápido. E logo, se che vai ben, analiza as noticias, cada unha delas, coas mesmas sete claves. Por suposto que non sempre aparecen nos textos das noticias claras e explícitas as pistas, e é necesario facer un exercicio de análise.