O 92,4% do tecido empresarial galego está formado por empresas familiares, que dan traballo a máis de 370.000 persoas. Estas cifras serven para destacar un programa que este ano celebra a súa segunda edición e que consiste en ensinar a estudantes de 12 a 18 anos a crear unha empresa; porque son adolescentes que dentro duns anos estarán traballando para uns deles ou para outros que son promovidos. Máis de 500 alumnos de 15 centros educativos galegos participaron nesta edición, organizada pola Asociación Galega da Empresa Familiar e por Afundación, a Obra Social Abanca.

E se o primeiro ano foi especial precisamente por ser a estrea, esta segunda edición non o é menos porque por fin os estudantes puideron visitar as empresas, parte que se suspendeu o ano pasado polas restricións da pandemia. Trátase dunha inciciativa que está en marcha en nove comunidades autónomas: Galicia, Castilla  e León, Extremadura, Castilla-La Mancha, Navarra, Asturias, Madrid, Andalucía e País  Vasco.

A idade dos rapaces non é casual, xa que este programa tamén serve para orientar aos adolescentes sobre o seu futuro laboral e coñecer as oportunidades que ofrecen a formación profesional e as diferenzas entre emprego, emprendemento ou autoemprego.

O programa comezou o 4 de marzo e remata o 13 de maio, data na que finaliza o prazo de entrega dos proxectos participantes no concurso Imaxina a túa empresa, no que os alumnos idean un proxecto para crear unha nova empresa, cun breve plan de negocio e os obxectivos da firma.

Lista de empresas

1. Grupo Aresa (Lugo)2. Altia (A Coruña)3. Babé y Cía (Vigo)4. Pérez Rumbao (Ourense)5. Grupo Nogar (Marín)6. Aceites Abril (Ourense)7. Aluminios Cortizo8. Terras Gauda (O Rosal)9. Gadisa-Grupo Tojeiro (Betanzos)10. Revi (Ourense)11. Jealsa (Boiro)12. Congalsa (A Pobra do Caramiñal)13. Grupo Servicio Móvil (As Pontes)14. Cafés Candelas (Lugo)

Haga clic aquí para saber más

1. IES Castro da UZ 2. IES Rafael Puga Ramón 3. Colexio Divina Pastora 4. EI San Narciso 5. Colexio Divino Maestro 6. Colexio Maristas de Lugo, Ourense e Vigo 7. Colexio San José de Cluny 8. IES Rodeira 9. IES A Sangriña 10. IES Francisco Aguiar 11. CIFP A Carballeira-Marcos Valcácel 12. CPR Manuel Peleteiro 13. IES Espiñeira

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies