Jesús Garrido

A Asemblea Xeral da ONU declara que o 2021 se celebre como Ano Internacional da Economía Creativa para o Desenvolvemento Sostible, unha declaración que forma parte da Axenda 2030 para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Entre os Obxectivos, as metas e indicadores, propostos xa no ano 2015 e cuxo cumprimento está previsto alcanzar na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, aínda hai algúns que seguen pendentes, segundo a nova planificación para avanzar durante este ano 2021. Lembrámolos:

Obxectivo 1. Erradicar a pobreza extrema e a fame

Metas: reducir á metade, entre 1990 e o 2015, a proporción de persoas con ingresos inferiores a 1 dólar ao día, lograr o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para todos, incluídos as mulleres e os mozos, e reducir á metade, entre 1990 e o 2015, a proporción de persoas que padecen fame.

Obxectivo 2. Lograr o ensino primario universal

Meta: asegurar que, no 2015, as nenas e os nenos de todo o mundo poidan terminar un ciclo completo de ensino primario.

Obxectivo 3. Promover a igualdade entre os sexos e o empoderamento de todas as mulleres

Meta: eliminar as desigualdades entre os sexos no ensino primario e secundario, preferiblemente para o 2005, e en todos os niveis do ensino a máis tardar no ano 2015.

Obxectivo 4. Reducir a mortalidade infantil
Meta: reducir en dúas terceiras partes, entre 1990 e o 2015, a mortalidade dos cativos menores de 5 anos.

Obxectivo 5. Mellorar a saúde materna

Primeira meta: reducir en tres cuartas partes, entre 1990 e o 2015, a mortalidade materna.

Segunda meta: lograr o acceso universal á saúde reprodutiva.

Obxectivo 6. Combater a sida, a malaria e outras enfermidades

Primeira meta: deter e comezar a reducir a propagación da sida.

Segunda meta: lograr, para o 2010, o acceso universal ao tratamento da sida de todas as persoas que o necesiten.

Terceira meta: deter e comezar a reducir a incidencia da malaria e outras enfermidades graves.

Obxectivo 7. Garantir a sustentabilidade do medio ambiente

Primeira meta: incorporar os principios do desenvolvemento sostible ás políticas e os programas nacionais e reducir a perda de recursos do medio ambiente.

Segunda meta: ter reducido e haber retardado considerablemente a perda de diversidade biolóxica no 2010.

Terceira meta: reducir á metade a proporción de persoas sen acceso sostible á auga potable e a servizos básicos de saneamento.

Cuarta meta: ter mellorado considerablemente, no 2020, a vida de polo menos 100 millóns de habitantes de barrios marxinais.

Obxectivo 8. Fomentar unha alianza mundial para o desenvolvemento

Primeira meta: desenvolver aínda máis un sistema comercial e financeiro aberto, baseado en normas, previsible e non discriminatorio.

Segunda meta: atender as necesidades especiais dos países menos adiantados.

Terceira meta: atender as necesidades especiais dos países sen litoral e dos pequenos Estados insulares en desenvolvemento.

Cuarta meta: encarar de xeito xeral os problemas da débeda dos países en desenvolvemento.

Quinta meta: en cooperación coas empresas farmacéuticas, proporcionar acceso aos medicamentos.

 

FONTE
Na web da Organización Mundial do Comercio (OMC) están recollidos estes obxectivos que aínda quedan por cumprir. Á OMC incumbe especialmente o oitavo obxectivo.
17 pancartas para iluminar a aula

Hai aínda outros nove Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Nesta web poderás consultar cada un deles e ler unha breve explicación, que irá acompañada de carteis que poderás descargar e imprimir para telos presentes nas paredes da aula.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies