JESÚS GARRIDO

Desta volta presentamos tres excelentes animacións para poder comezar o 2023 metendo boas noticias na aula.

1. Para a súa 34.ª edición, a Semana da Prensa e os Medios na Escola invita a todos os docentes e alumnos a aproveitar un novo tema: «Noticias en todas as frontes». Este tema pode soar como un asunto obvio nun mundo que nunca estivo tan conectado.

Unha 34.ª edición que coincide co 40 aniversario do Centre pour l’Éducation aux Médias et à l’Information (Clemi). Corenta anos mobilizando a todos os actores da educación e os medios de comunicación para formar cidadáns libres e ilustrados. Nunca esta misión de utilidade pública pareceu tan fundamental. Podes ampliar información visitando a páxina web da Semaine de la Presse et des Médias dans l’École.

Está en francés, pero tes ferramentas na web para entender o que di.

2. «O feito de que o mundo puidera avanzar con perseveranza despois dos últimos anos tumultuosos dáme esperanza de cara a onde se dirixe». Persoalmente, diría que son máis optimista sobre a traxectoria do mundo que sobre o seu estado actual. Hai moito por facer para mellorar a vida das persoas e recuperarse de eventos como a pandemia (The Learningnetwork, 12 de xaneiro 2023).

3. O primeiro gran temporal do ano retirouse tras causar múltiples danos. Inundacións, accidentes e cortes de estrada en case toda Galicia. Neve e xeo despois da choiva e o vento. Os veciños regresan ás súas casas: «A auga estragounos todo: leña, carne e plantas». O domingo comezará unha semana de tempo seco. O anticiclón das Azores refórzase e deixará tempo seco desde o domingo.

Consulta a noticia na Hemeroteca de La Voz do 19 de xaneiro do 2023.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies