S. CABRERO

Converterse en xornalista por uns días non só é una experiencia divertida e sorprendente, tamén é unha fórmula de incorporar estratexias que axuden a aprender a aprender, un dos máis importantes que persigue a educación hoxe. E iso é o que demostran experiencias como a dos alumnos do centro coruñés CPR Obradoiro, que tamén quixeron presentar a súa candidatura ao premio Xornalismo na Escola, que organizan La Voz de Galicia y Norvento.

Irene Aba, Telmo Baroja, Iago García, Pablo García e Iago Regueira navegaron polo mundo da enerxía da man das renovables, e máis concretamente da eólica. Repasaron a historia que viviu nas últimas dúas décadas este sector, pero tamén quixeron dar un paso máis aló e analizar cal é a súa situación actual e os retos aos que se enfronta.

A consulta de diversas fontes, a busca de datos para a súa investigación foron en si mesmas un proceso moi enriquecedor para estes alumnos. Tal e como explica o profesor encargado de capitanear o proxecto, Fiz Cabanas,

un dos grandes éxitos de toda esta experiencia foi o que aprenderon a informarse «no máis amplo sentido»: «Déronse conta da importancia de non só buscar unha referencia en internet, espertoulles o sentido crítico e comprenderon a necesidade de non crerse o primeiro que lles contan. Tamén viron a importancia da fonte, de preguntarse as cousas e de afondar naquilo que non sabemos», resume Cabanas.

Tamén descubriron que dentro dunha noticia sempre existen unha infinidade de puntos de vista: «E iso non significa que alguén estea mentindo, simplemente que cada un defende o seu». Todo isto permitiulles descubrir a importancia de ter espírito crítico e, a ollos de Fiz Cabanas, coñeceron novas ferramentas, como a de acudir directamente ás fontes, algo que lles servirá no futuro para facer traballos diarios do colexio. Para este profesor, todo o proceso foi unha experiencia inmellorable.

PREMA AQUÍ PARA IR Á REPORTAXE

Un sector que foi pioneiro, pero se estancou

A reportaxe fai un repaso polos últimos 25 anos de historia do sector eólico en Galicia. A través da opinión de expertos, Administracións e asociacións, este grupo fai tamén unha análise do gran potencial que teñen os muíños para abastecer as necesidades enerxéticas actuais, nun mundo que precisa de solucións que camiñen nesta dirección.

Da man do presidente da Asociación Eólica de Galicia e do Centro de Innovación Norvento Enerxía, estes xornalistas ofrecen as claves para entender como funcionan a eólica e como pode crecer nos próximos anos da man dos fondos que están por vir de Europa.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies