SARA CARREIRA

A cuarta entrega do premio Xornalismo na Escola, que organizan La Voz de Galicia e Norvento, vaise a Valga, ao IES local. Alí, nove alumnas de terceiro baixo a dirección de Juan Carlos Montejano, o seu profesor de Xeografía e Historia, fixeron unha reportaxe sobre un asunto de grande impacto nas súas vidas: a enerxía sostible e, nomeadamente, da fotovoltaica.

Montejano propuxo na clase o tema, que era voluntario, e nun primeiro momento só tres rapazas dixeron que si, pero despois acabaron uníndose oito dunha aula e unha da outra. «Paréceme moi importante —explica o docente— o que fixo esta rapaza, de querer participar ela soa», o que denota, di, moita madurez. Unha vez formado o grupo estiveron debatendo que tema tratar e ao final elas escolleron o da enerxía fotovoltaica porque non coñecían moito dela e lles parecía moi interesante para o seu futuro.

Foi toda unha experiencia, «intensa» di o mestre, e moi positiva. Montejano destaca sobre todo que elas «aprenderon a traballar en equipo, distribuíndo o que tiñan que facer, aumentaron o seu léxico, melloraron na ortografía e na redacción» e ademais enfrontáronse a retos novos para elas, como «chamar a xente descoñecida para preparar unha entrevista ou falar co alcalde ou co director do centro», perdendo moito da vergoña que este tipo de cousas poden provocar.

Para elas, di Juan Carlos Montejano, o máis impresionante foi aprender tanto da enerxía fotovoltaica, do proceso para conseguir o servizo, da instalación e «da importancia do silicio», que non sabían o moito que dependemos del.

PREMA AQUÍ PARA LER A REPORTAXE
Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies