O Programa Prensa-Escuela, o espazo educativo de La Voz de Galicia, decidiu onte ampliar unha semana o prazo para enviar os traballos do noso concurso máis veterano: Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil. Xa non será hoxe, día 30, a data límite, senón que os profesores implicados (e os estudantes de secundaria que o fan pola súa conta) teñen ata o venres da vindeira semana o prazo para enviar as súas noticias, entrevistas ou columnas de opinión. Así, o prazo rematará o día 9 ás 17 horas, ás cinco da tarde. Como se recordará, este concurso individual, que chega á edición número 21, o que converte a esta iniciativa nun fito dentro da historia do Programa Prensa-Escuela.

O concurso ten dous grandes categorías (infantil e xuvenil), e cada unha delas conta con dous niveis, xa que abarcan o traballo de estudantes de 3 a 18 anos. Cada grupo ten que facer unha proposta diferente, adaptada ao seu nivel. Así, os máis pequenos (ata segundo de primaria, incluído) teñen que elixir unha noticia de La Voz de Galicia e debuxala, pegando ou escribindo o seu titular (en función da súa capacidade); o resto de alumnado de primaria e de educación especial ten que facer un resume de 100 palabras dunha noticia, coas súas propias palabras, acompañado dun debuxo.

Na categoría xuvenil hai unha proposta de entrevista para os alumnos de ESO (400 palabras como máximo, 7 preguntas e respostas e un perfil de 70 palabras do entrevistado); e para os de FP e bacharelato, un artigo de opinión de ata 400 palabras.

Podes repasar aquí as bases do concurso.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp