O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, abriu a reunión transnacional sobre novas metodoloxías de aprendizaxe que ata o xoves reúne no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) a profesionais docentes de universidades e organismos educativos de Austria, Bélxica, República Checa, Portugal e Turquía que, xunto con Galicia, son socios do proxecto Erasmus+ Deseño de futuros espazos de aprendizaxe innovadores.

Esta iniciativa financiada pola Unión Europea, na que participan sete institucións de seis países entre as que se atopa o CAFI, ten como obxectivo formar aos educadores en aspectos fundamentais relativos á transformación dos espazos de ensino e aprendizaxe e os cambios pedagóxicos e metodolóxicos asociados á devandita transformación. O primeiro resultado do traballo conxunto dos socios do proxecto é o documento Marco metodolóxico para formación en aulas innovadoras, no que se analiza como crear e adaptar espazos de aprendizaxe con obxectivo de desenvolver metodoloxías didácticas reforzadas pola tecnoloxía, unha cuestión que en Galicia figura como prioritaria no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica posto en marcha o ano pasado co fin de adaptar as infraestruturas educativas ás novas esixencias de transformación dixital, entre outras.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies