O programa Prensa-Escuela organiza un novo ciclo -o sexto- de charlas cun xornalista na aula. Os centros escolares poden solicitar xa a visita dun xornalista de La Voz para coñecer de primeira man como é o seu traballo diario e cales son as claves da súa profesión. As charlas, que complementan e enriquecen o traballo que profesores e alumnos desenvolven co xornal en clase semana a semana, desenvolveranse de marzo a xuño.
Os colexios e institutos interesados en participar nesta actividade, na que terán prioridade aqueles centros inscritos en Prensa-Escuela, só teñen que enviar unha solicitude ao correo electrónico prensa-escuela@lavoz.es, cos seguintes datos:
- Nome e dirección do colexio que solicita a visita
- Nome do profesor ou responsable do centro
- Teléfono de contacto
- Número e idade dos alumnos
- Dúas datas e horarios alternativos para impartir a conferencia