logo la voz de galicia
Galego | Castellano | Inicio
Tal día como hoxe
Calendario

En Alemaña 2006 xogouse o España-Arabia Saudita en Kaiserslautern e gañamos 1 a 0

Fernando Pariente
23 de 06
Neste día pechamos a nosa actuación no grupo clasificatorio do último campionato do mundo, o de Alemaña 2006. As cousas fóronnos ben. Gañamos por 4-0 a Ucraína, para empezar. Pasamos algún susto fronte a Tunisia porque nos marcaron un gol nada máis comezar o partido e despois pecháronse atrás, dispostos a defender a súa portería con uñas e dentes; tardamos ata a metade do segundo tempo en empatar, cun gol de Raúl, pero aínda Fernando Torres meteu outros dous antes de rematar o partido. Só quedábanos enfrontarnos con Arabia Saudita, cando xa estabamos clasificados e seriamos primeiros de grupo pasase o que pasase. De todos os xeitos, sen pisar o acelerador a fondo gañamos 1-0.
Agua mineral natural Mondariz
Enlace o museo