logo la voz de galicia
Galego | Castellano | Inicio
Concursos
« 0 1 2 »
Marcador

O Programa Prensa-Escuela, que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre en colaboración coa Obra Social de Novacaixagalicia, convoca unha nova edición do seu concurso de blogs, co que quere distinguir os mellores proxectos que combinen o uso das bitácoras e da prensa na aula.
Para participar no certame, só é necesario ter aberto un blog no marco de Prensa-Escuela, sexa na presente edición ou en cursos anteriores. Nun ou outro caso, o xurado do concurso terá en conta o traballo desenvolvido en 2011-2012. Os profesores que aínda non dispoñan da súa bitácora poden abrila no apartado Crea o teu blog desta web.
Nesta edición do concurso, repartiranse tres premios a final de curso:

  • Primeiro premio: galardoarase ao profesor cun Ipad 2 16 GB WIFI, e aos alumnos participantes nese blog de aula (ata un máximo de 25) cun MP4 táctil Airis 2" TFT 4GB con FM transmitter.
  • Segundo premio: galardoarase ao profesor cun Disco Duro Multimedia HD memoria 1 TB (NPG), e aos alumnos participantes nese blog de aula (ata un máximo de 25) cunha bolsa-trolley de deporte.
  • Terceiro premio: galardoarase ao profesor cunha estancia para dúas persoas nun hotel-spa de catro estrelas en Galicia, por xentileza de Oca Hoteles, e aos alumnos participantes nese blog de aula (ata un máximo de 25) cun TDT USB NANO 3D (para ver a TV no portátil ou PC en 3D ou en 2D) (NPG).

Os premios serán entregados na festa fin de curso Voz Natura que se celebrará no mes de xuño do 2012.

Bases do concurso

Marcador

O Programa Prensa-Escuela convocou unha nova edición do Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil, un certame que ten como obxectivo familiarizar aos estudantes galegos coa lectura e manexo do xornal e axudarlles a desenvolver a súa capacidade de exposición e redacción.

 

No concurso, que chega á súa novena edición, poderán participar alumnos de infantil, secundaria, bacharelato e formación profesional que, segundo as distintas categorías, deberán demostrar o seu talento xornalístico facendo debuxos, escribindo titulares, redactando noticias ou elaborando entrevistas ou artigos de opinión.

 

O prazo de presentación de traballos está aberto ata o día 30 de abril de 2012.

 

Para saber como participar, consulta aquí as bases do concurso.

 

CONSELLOS PARA PARTICIPAR

Os alumnos poden participar en dúas categorías:

1. CATEGORÍA MELLOR XORNALISTA INFANTIL

Participantes:
A. Alumnos de educación infantil, primeiro e segundo de primaria.
B. Alumnos de terceiro, cuarto, quinto, sexto de primaria e educación especial.

 

A. Alumnos de educación infantil e 1º e 2º de primaria

Tarefa: Debuxar unha noticia do xornal

Os concursantes deberán realizar un debuxo que ilustre unha noticia publicada na edición impresa ou dixital de La Voz de Galicia. O debuxo farase sobre a maqueta oficial do concurso.

Os alumnos deberán escribir a man o titular da noticia ou recortalo do xornal e pegalo na maqueta. A continuación farán un debuxo relacionado coa noticia.

A colaboración do profesor ou dos pais é imprescindible para realizar esta tarefa. En primeiro lugar, facilitándolles a elección da noticia, mostrándolles as imaxes do xornal, se as houber, ou dramatizando a lectura dos titulares. E, sobre todo, facilitándolles a maqueta na que deben realizar o traballo e invitándolles a que se expresen cos materiais que teñan a man.  

Maqueta


B. Alumnos de 3º, 4º, 5º, 6º de primaria e educación especial

Tarefa: Seleccionar unha noticia do xornal, escribila libremente e ilustrala cun debuxo

Os distintos niveis e idades dos alumnos requiren tamén un grao de atención maior ou menor. O obxectivo da experiencia é que os concursantes elixan libremente as noticias que máis lles interesen e que, entre todas as elixidas, seleccionen unha para facer dous traballos:

-un: escribir a noticia ao seu xeito, non copiala textualmente senón redactala coma se estivésenlla contando a un amigo.

-dous: ilustrala cun debuxo.

Os alumnos deben saber que o Xurado vai fixarse tanto na redacción da noticia (pódena escribir ou man ou utilizando un computador) como na orixinalidade e calidade do debuxo (feito a man sobre a maqueta do concurso).  

Maqueta

 

2. CATEGORÍA MELLOR XORNALISTA XUVENIL

Participantes:
C. Alumnos de educación secundaria.
D. Alumnos de bacharelato e formación profesional

 

C. Alumnos de educación secundaria

Tarea: Entrevista: realizar e editar unha entrevista

A entrevista xornalística é o reflexo dun diálogo entre o xornalista e o personaxe entrevistado.

Ao transcribirla, o xornalista poderá sintetizar a conversación ou seleccionar as partes máis interesantes sempre que non traizoe o sentido das respostas.

Cinco estratexias para facer unha boa entrevista:

1. Infórmache ben sobre a persoa que vas entrevistar. Que sexa unha persoa
adulta. Pode ser moi coñecida ou non, o importante é que teña cousas que dicir e que saiba contalas ben.
2. Pensa nun tema concreto e prepara por escrito preguntas curtas e orixinais.
3. Cando fagas a entrevista anota todo o que che diga a persoa que estás
entrevistando, aínda que a graves cun pequeno magnetófono.
4. Edita o traballo inmediatamente, ?en quente?. Selecciona as respostas máis interesantes e significativas.
5. Traballa con especial coidado o comezo e o final.

Ten en conta que o Xurado vaise a fixar nestas tres cousas:

- O interese que poida ter a entrevista para alumnos da túa idade.
- A calidade da escritura.
- A presentación da páxina.  

Maqueta
 
D. Alumnos de bacharelato e formación profesional

Tarefa: escribir un artigo de opinión

O artigo, tal como defínese no Libro de estilo de La Voz de Galicia é un xénero de opinión no que o autor expresa as súas apreciacións persoais acerca de todo tipo de asuntos, preferentemente de actualidade, ou relatan con trazos literarios impresións e historias.

No Dicionario de Bibliología e ciencias afíns, José Martínez de Sousa recolle a seguinte definición de artigo: ?Texto unitario, de regular extensión, consagrado a unha información, unha explicación ou un comentario, no que o autor sostén determinadas opinións, desenvolve unha idea ou comenta un feito e que aparece nas publicacións periódicas?.

O tema é de libre elección.

Deberá redactarse sobre a maqueta oficial do concurso utilizando o tipo de letra e tamaño que alí se indica: un máximo de 2.000 carácteres, contando tamén os espazos que existen entre as letras.  

Maqueta

 

RECURSOS PARA TODAS AS MODALIDADES

Guía do Profesor B-/ O Xornal

Libro de Estilo de La Voz de Galicia


SE TES ALGUNHA DÚBIDA
prensa-escuela@lavoz.es

Marcador
Virutas de lapices de colores
Virutas de lapices de colores
Virutas de lapices de colores

O blog A nosa Voz, do CEIP Curros Enríquez de Ourense, é o mellor proxecto dixital do curso de Prensa-Escuela, o programa educativo de La Voz que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre en colaboración coa Obra Social de Novacaixagalicia.
A bitácora, que coordina a profesora Lourdes Soto, está elaborada por escolares de 5º e 6º de primaria do centro ourensán, que coas súas orixinais creacións, as súas propostas, as súas redaccións, os seus debuxos e os seus comentarios souberon destacar entre as preto de cincocentas bitácoras abertas ata agora no marco de Prensa-Escuela e proclamarse campións do concurso, co que o programa de La Voz pretende fomentar o uso das novas tecnoloxías no aula e integralas nos proxectos de traballo co xornal na clase.
As actividades coa prensa foron un dos alicerces do día a día de A nosa Voz, cuxa coordinadora buscou abrir debates entre os alumnos e animalos a reflexionar e a desenvolver o seu espírito crítico.
O blog do Curros Enríquez de Ourense xa foi elixido polo xurado como mellor bitácora do mes de xaneiro. Xa entón o traballo da profesora Lourdes Soto e dos seus alumnos de 5º e 6º de primaria destacara pola súa alta participación e actualización e pola calidade e a orixinalidade das súas entradas.
A coordinadora do proxecto levouse un fin de semana no Porto, mentres que o Prensa-Escuela premiou a cada un dos seus alumnos cunha dicciopedia e unha USB de 23 GB.


Gañadores mensuais:
Xaneiro: A Nosa Voz, do CEIP Curros Enríquez de Ourense
Febreiro: Nauta, do CEIP Curros Enríquez da Coruña
Marzo: Matemáticas diarias en Trazo, do CPI Viaño Pequeno de Trazo (A Coruña)
Abril: Pasamos de todo, do IES Cidade de Antioquia de Xinzo de Limia (Ourense)
Maio: Ciencias Naturais, do IES Rosalía de Castro de Santiago

 

Marcador

O xurado do Programa Prensa-Escuela concede os premios da oitava edición do Concurso escolar Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil.


O certame, que busca que os alumnos familiarícense coa lectura e o manexo do xornal e desenvolvan a súa capacidade de exposición e redacción, obtivo unha gran participación con máis de 4.600 traballos presentados.


MELLOR XORNALISTA INFANTIL 2011

Nivel 1 (alumnos de educación infantil, primeiro e segundo de primaria)

Primeiro premio: Martín Cancela Lomba. 2º Educación Primaria do CEIP Ramón Cabanillas (Santiago-A Coruña)
Premio: unha viaxe para catro persoas a Lanzarote

Segundo premio: Iago Fajardo Carro. 3º Educación Infantil do CEIP Xulio Camba (Vilanova de Arousa-Pontevedra)
Premio: unha consola V Smile TV (inclue xogo+teclado)

Terceiro premio: Cayetana Ojea Donsión. 3º Educación Infantil do Colegio Marista Santa María (Ourense)
Premio: unha consola V Smile Motion

Premio ao  profesor: Alejandra Montes Pérez, do CEIP Ramón Cabanillas (Santiago-A Coruña)
Premio: un fin de semana para dúas persoas en Oporto (hotel-spa de 5 estrelas con programa personalizado)


Nivel 2 (alumnos de terceiro, cuarto, quinto, sexto de primaria e de educación especial)

Primeiro premio: Lucía Salgado Blanco. 6º Educación Primaria do CEIP Emilia Pardo Bazán (Vigo-Pontevedra)
Premio: unha viaxe para catro persoas a Tenerife

Segundo premio: Lucía Blanco Miguens. 5º Educación Primaria del CEIP Eusebio da Guarda (A Coruña)
Premio: una bicicleta “júnior” de seis velocidades

Terceiro premio: Iria Domínguez Rodríguez. 6º Educación Primaria do CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense)
Premio: un MP5 de 4GB

Premio ao profesor: Celia Inés Feijoó Soto, do CEIP Emilia Pardo Bazán (Vigo-Pontevedra)

Premio: un fin de semana para dúas persoas en Oporto (hotel-spa de 5 estrelas con programa personalizado)


 
MELLOR XORNALISTA XUVENIL 2011

Modalidade entrevista (alumnos de ESO)

Primeiro premio: Eusebio Leal Fábregas. 1º ESO do IES Pedras Rubias (Salceda-Pontevedra)
Premio: un Ipad

Segundo premio: Melania Baltasar Otero. 2º ESO do CPI de Vedra (Vedra-A Coruña)
Premio: un MP5 de 8 GB

Terceiro premio: Paula Martínez Moledo. 4º ESO do IES Campo de San Alberto (Noia-A Coruña)
Premio: unha cámara de fotos dixital

Premio ao  profesor: Susana González Vázquez, do IES Pedras Rubias (Salceda-Pontevedra)
Premio: un fin de semana para dúas persoas en Oporto (hotel-spa de 5 estrelas con programa personalizado)

 

Modalidade artigo de opinión (alumnos de bacharelato ou formación profesional)

Primeiro premio: Sara Vila Comesaña. 2º Bachillerato do IES do Castro (Vigo-Pontevedra)
Premio: un IPad

Segundo premio: David Martín Utrera Iglesias. 2º Bachillerato do IES Laxeiro (Lalín-Pontevedra)
Premio: un MP5 DE 8 GB

Terceiro premio: Mario Nespereira Vale. 2º Bachillerato do IES As Lagoas (Ourense)
Premio: unha cámara de fotos dixital

Premio ao  profesor: Ángel Núñez Ramos, do IES do Castro (Vigo-Pontevedra)
Premio: un fin de semana para dúas persoas en Oporto (hotel-spa de 5 estrelas con programa personalizado)

 

PREMIO ESPECIAL

Premiados: alumnos de 3º ESO do CPR Salesianos San Juan Bosco (A Coruña)
Premio: un ordenador portátil e unha impresora

Premio ao profesor: Montserrat Nolasco Rodríguez
Premio: un IPad

Marcador

O Programa Prensa-Escuela elixiu o blog Pasamos de todo, do IES Cidade Antioquia de Xinzo de Limia (Ourense), como o mellor proxecto dixital do mes de abril.
Esta bitácora, que está coordinada pola profesora Eva Agromayor Cid, está alimentada polas entradas e os comentarios de sete alumnos e alumnas de reforzo de 1º de ESO do centro ourensán e converteuse nun eficaz instrumento de atención á diversidade e de apoio educativo. Pasamos de todo foi seleccionado entre o medio milleiro de blogs abertos ata agora no marco do Programa Prensa-Escuela, que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre en colaboración coa Obra Social de Novacaixagalicia.
O coordinador de Blog Maestro do programa, Alberto Sacido, subliña a "calidade e orixinalidade" das entradas desta proposta educativa, que entre outros aspectos consegue resaltar as habilidades de cada un dos seus compoñentes, quen se presentan no apartado Acerca de... Nós cunha pequena descrición, un alias e un avatar.
Premios mensuais e gañador do curso
O responsable do blog gañador na súa modalidade mensual recibirá un netbook, mentres que os seus alumnos, ata un máximo de 25, obterán unha memoria USB de 16 megas.
O próximo mes fallarase o gañador do mellor blog de maio e elixirase a mellor bitácora do ano. O coordinador do mellor proxecto do ano será galardoado cunha viaxe de fin de semana para dúas persoas a un hotel&spa de Oporto e os seus alumnos, con sendas memorias USB de 32 megas.

Anteriores gañadores:
Xaneiro: A Nosa Voz, do CEIP Curros Enríquez de Ourense
Febreiro: Nauta, do CEIP Curros Enríquez de A Coruña
Marzo: Matemáticas diarias en Trazo, do CPI Viaño Pequeño de Trazo (A Coruña)

« 0 1 2 »
Enlace o museo
gasNatural fenosa