logo la voz de galicia
Galego | Castellano | Inicio
Cadernos dixitais (Blogs)
Cadernos de cores
cuadernos
cuadernosf
cuadernos
cuadernos
cuadernos

Prensa-Escuela pon en marcha a IV edición dos Cadernos Dixitais. Un ano mais, traballaremos con Wordpress, unha ferramenta que ofrece múltiples posibilidades desde o punto de visto funcional e pedagóxico e que permitirá aos profesores activar máis blogs co mesmo nome de usuario.

Os docentes que queiran participar nesta actividade só teñen que rexistrarse no apartado "Crea o teu blog". A continuación recibirán no seu correo electrónico su usuario e un contrasinal co que poderán empezar a xestionar a súa bitácora.

A través do Blog Mestre de Prensa-Escuela http://blogs.prensaescuela.es/blog/blogmaestro/ un orientador especializado asesorará aos participantes sobre os múltiples enfoques didácticos dos blogs, proporcionará recursos, metodoloxías de traballo e consellos de boas prácticas.

Usuario e contraseña
Para acceder aos Cadernos Dixitais, só hai que entrar na web de Prensa-Escuela www.prensaescuela.es, sección Blogs. No apartado “Accede ao teu blog” bastará con escribir o nome de usuario para poder visualizalo.

Cursos
Ao longo do curso organizaranse varios talleres formativos para os profesores que queiran participar nesta iniciativa. As convocatorias iranse publicando na web.

Premios
Cada mes Prensa-Escuela premiará aos mellores blogs, e ao final de curso haberá un galardón especial para o mellor Caderno Dixital do ano. O xurado valorará principalmente o grao de innovación pedagóxica, a estética, que os textos sexan amenos, a calidade e a adecuación dos vínculos que se acheguen no blog, a orixinalidade dos títulos, a integración do aula, o respecto ás fontes de información e a coherencia.

Condicións de uso
Enlace o museo
gasNatural fenosa