A concentración máis multitudinaria foi na praza de República de París, na que estiveron Hollande e Sarkozy | PHILIPPE WOJAZER

PAULA ROSAS |  PARÍS / COLPISA. 

É un dos máis escuros e ignominiosos pecados franceses e onte, xusto o día no que partidos e líderes políticos se deron cita para denunciar nas rúas o auxe do antisemitismo en Francia, un macabro descubrimento volvía poñer de manifesto que a tarefa non será doada. Preto de 96 tumbas xudías foran profanadas con pintadas de cruces gamadas durante a noite nun cemiterio de Alsacia. «Os que fixeron isto non son dignos da República e ela castigaralles», dixo o presidente, Emmanuel Macron, nunha visita á necrópole onde se comprometeu a endurecer a vixilancia e o castigo contra os actos antisemitas.

O goteo de mostras de odio contra os xudeus foi constante nas últimas semanas, e a clase política quixo escenificar a repulsa e a consternación da República ante esta secuela que Francia non consegue sacudirse. Decenas de miles de franceses participaron onte á noite nunhas 70 concentracións en todo o país organizadas polas principais formacións políticas, fóra da Reagrupación Nacional de Marine le Pen, que non fora convidada. Na maior de todas elas, na praza da República de París, franceses de toda orixe sumáronse ao primeiro ministro, Édouard Philippe, ou os expresidentes François Hollande e Nicolas Sarkozy. Macron preferira visitar momentos antes o Memorial da Shoah, que rende tributo ás vítimas do Holocausto, onde depositou unha coroa de flores. Con carteis de «Basta!» e entoando a Marsellesa, unha profunda emoción embargaba a enorme praza parisiense.

Actividades

1. Preocupante noticia esta de hoxe, porque revela que entre nós hai xente moi intolerante.

2. Ninguén elixe nacer xudeu, ou negro, ou máis gordo, ou menos gordo, ou en Rusia ou en Vigo. Rexeitar a unha persoa porque é xudía, negra, gorda, menos gorda, rusa a viguesa non é só unha parvada, senón que sobre todo inxusto. ¿Estás de acordo?

3. Por exemplo, o home que foi considerado o máis intelixente da historia era xudeu.

4. Os xudeus foron asasinados en tempos dos teus avós. ¿Por que se lles segue tendo tanta xenreira?

5. Porque odiar non é nunca bo. Hai que respectar e hai que dialogar e hai que negociar. Porque se non respectamos, dialogamos e negociamos, ¿que nos queda?

6. Na túa vida diaria ¿respectas, dialogas e negocias na túa casa? ¿E no teu colexio ou instituto? ¿Cando? ¿Como o fas?

7. E como é mércores, no centro do xornal atoparás esas oito páxinas semanais que non son máis ca unha invitación ao diálogo con profesores e alumnos: La Voz de la Escuela.

8. Sempre destacamos algúns dos seus contidos, e hoxe non é unha excepción. Aí tes as páxinas 1 e 2 lembrando que mañá é o Día da Lingua Materna. E a páxina 7 titúlase “A Terra perde o Norte”. ¿Axúdasnos a buscalo?