Pregunta: Valentina Marrella Izquierdo, 9 anos, Compañía de María, A Coruña.
Responde: Cristóbal Ramírez Gómez.

O número de nacementos (e tamén o de falecementos) sempre é noticia en La Voz de Galicia. Todos os anos publicamos o primeiro que naceu en Galicia o 1 de xaneiro. Pero ademais publicamos moitas noticias sobre un problema que temos en toda Europa e en Galicia en particular: nacen moi poucos nenos, mentres que en África ou en Asia é ao contrario. Pero contestando directamente á túa pregunta, non o podemos saber con total exactitude, non hai ninguén que vaia contando un, dous, tres… pero pensa que son 180 cada minuto. Ou sexa, uns 260.000 cada día. E iso fai máis de 94 millóns ao ano. ¿Cantos minutos tardaches en ler estas liñas? ¿Cantos nenos naceron?

Fai a túa pregunta

12 + 7 =