Pregunta: Xiana, 10 anos, CEIP Sigüeiro, Oroso, A Coruña. 
Responde: Susana Pérez. 

A forma esférica da Terra, do mesmo xeito que a doutros planetas e obxectos do Sistema Solar, ten que ver coa gravidade, unha forza de atracción que exercen todos os corpos cara a calquera obxecto que se atope ao seu arredor e que é maior canta máis masa teñan eses obxectos. A Terra formouse a partir de restos de gas e po que estaban dispersos e que se foron reunindo pola forza da gravidade. Así, esa materia foise agregando e concentrando nun corpo cada vez maior ata orixinar unha esfera, a forma xeométrica que resulta cando a forza da gravidade é moi intensa.

Fai a túa pregunta

5 + 15 =