IV Concurso "Galicia, auga, literatura e rap"

Xa está en marcha a IV edición do concurso “Galicia, auga, literatura e rap”, que este ano trae unha importante variante. Os escolares terán que dar a súa visión a modo de rap das grandes obras da literatura galega, nas que esté presente a auga.

Os pasos a seguir son:

  1. Elixe a pasaxe ou texto entre os clásicos da literatura galega nos que esté presente a auga.
  2. Fai a túa versión a modo de rap e gravaa en vídeo.
  3. Participa de maneira individual ou en grupo (máximo 4 persoas).
  4. Manda o teu vídeo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co asunto “Concurso: Galicia, auga, literatura e rap”.
  5. Tamén podes subir o teu vídeo a twitter co cancelo #augaliteraturaerap e mención a @augasliterarias.

Premios para os gañadores.

Plazo presentación de traballo ata o 11 de maio de 2018.

Bases