As actividades do programa están abertas a toda a comunidade escolar galega. A través da súa páxina web e do suplemento La Voz de la  Escuela, os escolares e os profesores dispoñen de propostas, material didáctico, xogos e convocatorias de concursos e cursos de formación. 

Os docentes dos centros escolares galegos poden tamén inscribirse no programa a través do formulario web e recibir semanalmente exemplares do xornal para traballar cos seus alumnos en clase.