«Desde o máis fondo do meu corazón podo dicir que hoxe Irlanda do Norte inicia un tempo de paz, un tempo no que o odio xa non reinará». Con estas palabras, o primeiro ministro norirlandés, Ian Paisley, saudaba onte, tras xurar o seu cargo, a formación dun Goberno compartido cos seus máis acérrimos inimigos: os republicanos católicos do Sinn Féin. Tanto o unionista como o seu desde onte número dous, o ex dirixente do IRA, Martin McGuinness, prometeron traballar para pór fin ao odio que aínda impera entre as dúas comunidades e que durante trinta anos regou as terras do Ulster co sangue de 3.700 mortos.

No acto de devolución da autonomía no castelo de Stormont (Belfast) estiveron presentes os primeiros ministros do Reino Unido, Tony Blair, e Irlanda, Bertie Ahern, principais artífices do proceso de paz, así como o senador norteamericano Edward Kennedy. Tras o xuramento, o reverendo Paisley, alcumado o Doutor non , recoñeceu que se no pasado lle dixeran que un día formaría parte dun Goberno co Sinn Féin, non o creería. «Pero deixádeme que vos diga unha cousa -sinalou o veterano político na Asemblea – iso era onte, hoxe é hoxe e mañá será mañá». E agregou: «Xuntos estamos creando unha Irlanda do Norte na que todos poidamos vivir en paz igualitaria ante a lei».

Actividades

1. En primeiro lugar, sitúache geográficamente, buscando as tres palabras crave: Irlanda, Irlanda do Norte, Reino Unido.

2. Unha segunda clave pódela buscar na historia das guerras entre protestantes e católicos, cuxa referencia cronolóxica está na palabra Irlanda do Norte.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies