La noticia del día

  • Quién
  • Qué
  • Dónde

Os premios de ciencia discriminan á muller: menos cantidade e menos diñeiro Unha análise de “ Nature” revela unha gran brecha de xénero na concesión de galardóns

Os premios de ciencia discriminan á muller: menos cantidade e menos diñeiro Unha análise de “ Nature” revela unha gran brecha de xénero na concesión de galardóns

R. ROMAR | REDACCIÓN / LA VOZ. 

Menos diñeiro, menos proxección social, menos visibilidade para o desenvolvemento da súa carreira e moitos menos galardóns e de menor relevancia. Os premios de ciencia, polo menos no ámbito da biomedicina, tamén discriminan ás mulleres, lonxe aínda de romper o teito de cristal neste aspecto.

Polo menos así se recolle nunha análise publicada en Nature, no que se estudou a lista de gañadores das distincións concedidas entre 1968 e o 2017. Dun total de 523 distincións, 2.378 foron para homes e 437 para mulleres.

É certo que a desvantaxe reduciuse co paso do tempo, e dunha reducida cota do 5 % de gañadoras entre 1968 e 1977 pasouse a un 27 % na última década; pero o 50 % dos recoñecementos no período 2008-2017 non estaban estritamente relacionados coa investigación, senón con outras cuestións como a educación, a titoría ou o servizo público.

Actividades

1 ¡ATENCIÓN! Hoxe, 11 de febrero, conmemoramos o “Día da Mulller e da Nena na Ciencia”. Con tal motivo a Domus organiza diversos talleres científicos, de 11 a 16 horas, dirixidos por UDC bigbang y NEUROcom. As 19 horas a investigadora do CSIC Laura López-Mascaraque pronunciará unha conferencia sobre “Cerebro, olfato y emociones”.
2. Neste día, a Axencia Espacial Escolar Galega, NOSA, celebrará o seu terceiro Congreso.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies