Prensa-Escuela

Xoves, 31 Mai 2012

A bitácora O Souto dos Laretas, do CEIP Saco e Arce de Toén (Ourense) foi elixido mellor blog do curso do Programa Prensa-Escuela, que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. O caderno dixital, do que destaca a calidade e calidade das entradas, está elaborado por alumnos de terceiro ciclo de primaria coordinados pola profesora Saladina Álvarez Carnero. Os escolares premiados recibirán un mp4 táctil e a coordinadora do blog un iPad.

O programa educativo de La Voz outorgou o segundo premio do concurso ao blog O Pobralogy, do IES A Pobra de Pobra do Caramiñal, que coordinou a profesora Ana Bueno. A bitácora, escrita integramente en inglés, está elaborada por alumnos e docentes da sección bilingüe de Bioloxía de 4º de ESO do instituto e destaca polo alto grao de participación e interacción do alumnado. Como recompensa, os estudantes levarán como premio unha bolsa-trolley de deporte e a súa profesora, un disco duro multimedia HD.

Para rematar, o terceiro premio foi concedido ao blog Os currantes de Curros, do CEIP Curros Enríquez da Coruña. Os alumnos, que publicaron preto de trescentas entradas durante o curso, recibirán como premio un TDT USB Nano e a coordinadora do blog, Rosa María Rodríguez Álvarez, unha estancia para dúas persoas nun hotel spa de Galicia, xentileza de Oca Hoteles.