La noticia del día

  • Quién
  • Qué
  • Dónde

Francia regala aos mozos 500 euros para cultura Desde esta semana o goberno entregará un pase cambiable por libros ou actividades ao cumprir os 18 anos

Francia regala aos mozos 500 euros para cultura Desde esta semana o goberno entregará un pase cambiable por libros ou actividades ao cumprir os 18 anos

O pase de cultura foi unha das promesas de campaña de Macron. GONZALO FUENTES | AFP

LA VOZ | REDACCIÓN. 

Desde esta semana alcanzar a maioría de idade en Francia terá unha compensación engadida. O goberno comezou a implantar o Pass Culture, unha iniciativa anunciada no 2018 que na práctica supoñerá un agasallo de 500 euros para quen cumpra os 18. Unha cantidade que se pode dedicar a todo tipo de produtos e actividades de tipo cultural: desde a adquisición de libros ou discos, subscricións a plataformas de streaming, instrumentos musicais ou talleres de formación.

Desta cantidade, haberá un tope de 200 euros para a compra de bens materiais, do mesmo xeito que outros 200 para ofertas dixitais. Este Pass Culture estréase agora cunha fase experimental que se prolongará durante seis meses e na que participarán uns 10.000 mozos voluntarios das rexións de Finisterre, a Guayana, Baixo Rin, Hérault e Sena Saint-Denis, segundo Le Figaro. De consolidarse, ata 200.000 mozos poderíanse beneficiar da iniciativa ata o 2020, segundo as estimacións de Le Monde.

O pase foi unha das promesas de campaña de Macron e obedece a un empeño do seu goberno de democratizar o acceso á cultura e de promover unha maior oferta, aínda que, por agora, as empresas implicadas na oferta son abrumadoramente francesas. Este acceso realizarase a través dunha plataforma dixital, que, mediante un sistema de xeolocalización, concretará as ofertas máis próximas aos seus usuarios. En teoría, aínda que o agasallo dos 500 euros farase efectivo só coa maioría de idade, calquera cidadán poderá subscribirse á plataforma e utilizala para consumir cultura.

Actividades

1. NOTICIA COMPLETA. Na páxina 35 de La Voz de Galicia.

2. CULTURA. É a palabra crave. ¿De onde vén etimolóxicamente esa palabra? Mira o dicionario. ¿Pódese cultivar… a cultura e ter unha boa colleita?

3. PRODUTOS. ¿Que produtos culturais poderías ti comprar con eses 500 euros neste momento? ¿Cal sería o resumo total de compras culturais na túa clase, neste momento?

4. CONSUMIR CULTURA. Aí tes unha frase final que merece interpretación. ¿Poderiamos explicala entre todos? Realmente, ¿que significa o que un “consuma cultura”, frase final coa que termina a información de hoxe?

5. PERSOA CULTA. ¿Que entendemos por esas dúas palabras? ¿Hai que ser maior de idade para ser unha persoa culta? ¿Pode aplicarse a compañeiros da túa clase, a tí mesmo?

6. BOS e culturais días.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies