Prensa-Escuela

Mércores, 23 Mai 2018

O xurado da décima quinta edición do Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil, que convoca o Programa Prensa-Escuela, elixiu aos gañadores deste curso entre os máis de 3.000 traballos presentados. Os participantes no certame, que busca que os estudantes se familiaricen coa lectura do xornal e desenvolvan a súa capacidade de exposición e redacción, tiveron que demostrar o seu talento xornalístico ilustrando e redactando noticias, facendo entrevistas e escribindo artigos de opinión.

O xurado estivo formado por Mª José Arrojo Baliña, subdirectora da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre; César Casal González, subdirector de Información de La Voz de Galicia; Carlos Ocampo, coordinador do suplemento La Voz de la Escuela; Luis Pousa, jefe de Opinión de La Voz de Galicia, Ana Abelenda e Sandra Faginas Souto, redactoras de La Voz de Galicia; Maica Simón Gómez, xornalista do departamento de Comunicación da Corporación Voz de Galicia; e Romina Sande Lago, coordinadora do Programa Prensa-Escuela.

O acto de entrega dos premios terá lugar o sábado, 2 de xuño, no marco da festa Voz Natura.

Os premiados en La Voz de la Escuela

Galería fotos acto entrega premios