Pregunta: Elena, 10 años, CEIP Juana de Vega, Oleiros, A Coruña. 
Responde: Fran Armesto. 

As bacterias son microorganismos moi sinxelos que non teñen cerebro. As súas reaccións son reflexos moi básicos ao que sucede no seu exterior, e non teñen capacidade para cambialos. O cerebro é o órgano responsable de coordinar a acción das diferentes partes (mans, patas, tentáculos, etc), sentidos (ollos, olfacto, etc) e órganos dun ser vivo só existen en animais moitos máis grandes e complexos que os microorganismos. Entre os invertebrados, incluso moitos animais como esponxas, medusas e vermes teñen sistema nervioso pero non un cerebro auténtico; entre os invertebrados os polbos son os máis intelixentes. Pero todos os vertebrados teñen e necesitan un cerebro: peces, ras, serpes, paxaros, cabalos, …

Fai a túa pregunta

8 + 10 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies