Venres, 02 Marzo 2007

A luz que nos chega do Sol parécenos branca pero, en realidade, está formada por luces de cores distintas (son as que aparecen no arco iris). Cando a luz solar chega á atmosfera da Terra é coma se tropezase con ela, e desvíase do seu camiño. A luz de cor azul é a que máis se desvía ao chocar co aire e a que máis rebota. Por iso é tamén a que máis se estende polo ceo; por iso vémolo de cor azul.

Pregunta: ¿Por qué el cielo es azul?, 11 anos, San Sadurniño

Responde: Francisco Armesto Ramón