Mércores, 26 Xaneiro 2011

Se o aire fose completamente transparente o ceo sería negro e de día poderiamos ver as estrelas. Con todo o aire non é transparente, xa que tende a dispersar unha parte da luz que o atravesa. A luz que nos chega do Sol contén todas as cores do arco iris, e de todos eles o aire da atmosfera dispersa sobre todo os tons azuis. Por ese motivo, cando miramos ao ceo, vemos a luz azul que se dispersou por todas partes. Por outra banda, aínda que pareza incrible a cor das estrelas só depende da temperatura da súa superficie. As máis frías son avermelladas e as máis quentes azuladas. O Sol ten unha temperatura intermedia e xa que logo a súa cor é amarelada.

Imaxe: As cores das estrelas segundo a súa temperatura. Se queres ver a imaxe a maior tamaño, pica aquí.

Pregunta: Jorge, 12 anos, Madrid

Responde: Marcos Pérez Maldonado