A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde
ELABORACIÓN PROPIA / LA VOZ

Ataque incendiario e mortal a Galicia

Dúas persoas perecen en Nigrán e outra en Ourense a causa do fume e as chamas. Domingo negro, con decenas de lumes, a maioría de orixe criminal, e miles de hectáreas arrasadas. Graves danos nos Ancares e o sur de Pontevedra, ademais de estradas cortadas.

JAVIER ROMERO | VIGO / LA VOZ

Luns, 16 Outubro 2017

Preferimos dar unha serie dos diversos titulares do xornal que nos proporcionan unha información máis ampla e diversa do que pasou onte e hoxe de madrugada cos incendios en diversas zonas de Galicia. Van indicadas as páxinas do xornal para que na escola, se se considera interesante, poidan verse máis detalles desa operación que La Voz de Galicia titula como "Ataque incendiario e mortal a Galicia"

Dúas persoas perecen en Nigrán e outra en Ourense a causa do fume e as chamas. Domingo negro, con decenas de lumes, a maioría de orixe criminal, e miles de hectáreas arrasadas

- Graves danos nos Ancares e o sur de Pontevedra, ademais de estradas cortadas.

- Loita titánica nas rúas de Vigo: Veciños de Navia, en Vigo, montaron unha cadea con cubos para tratar de conter as chamas que afectaron a varias vivendas. (pg1)

- Os incendiarios cébanse con Galicia. Dúas persoas morreron en Nigrán e unha en Carballeda de Avia nun  domingo negro con decenas de frontes intencionadas que obrigaron a desaloxar centos de vivendas (pg2)

- O lume mata a dúas mulleres en Nigrán cando tentaban fuxir por unha pista. Os corpos estaban calcinados na furgoneta na que trataron de escapar.

- Un home morre atrapado polas chamas nunha palleira de Carballeda de Avia. (pg 3)

Situación crítica en Vigo: as chamas penetraron en distintos puntos da cidade e xeraron escenas de tensión

- Hai lume por todas as esquinas.

- A planta de Citroën foi desaloxada e a quenda de noite cancelado.

- Suspendidas as clases na Universidade de Vigo e en dez centros escolares (pg 4)

Feijóo sobre os incendios: Hai unha tentativa clara de delito homicida 

- A Xunta destaca que por primeira vez as chamas cruzaron o Miño desde Portugal

- O Rey chamou ao Presidente para interesarse pola situación (pg5)

Arde o corazón dos Ancares: pobos como Piornedo e Vilarello víronse asediados e cinco aldeas foron desaloxadas.

- Veciños de Meis tentan salvar as súas casas con cubos de auga.

- Centos de condutores, atrapados en viarios cortados polo lume (pg 6)

Nota importante: Se picas no título da noticia, abriránseche as ligazóns do Quen, Que e Onde, ademais da proposta de Actividades.

Actividades

1. Fernando Hidalgo, na sección de opinión (pg 14) ofrécenos un excelente artigo para reflexionar sobre esta actitude incendiaria e de facer mal aos demais. Unha boa actividade para a clase de hoxe na escola.

2. ¿Que clase de persoa queima a súa terra? Galicia sufriu onte un domingo negro con máis de oitenta incendios, boa parte deles provocados, miles de hectáreas arrasadas e, o que é peor, tres persoas mortas.

3. Cando máis dano podían facer, cando máis terra podían queimar, cando máis difícil era loitar contra as chamas, os incendiarios lanzaron   un ataque miserable que sementou o caos en gran parte da comunidade.

4. ¿Que opinas de todo isto? ¿Cal é a túa reacción? Que se pode facer, aprender na escola contra unha actitude incendiaria e de facer mal aos demais.

5. Mentres tanto, centos e centos de brigadistas empregábanse a fondo en minimizar os danos provocados polos asasinos. ¡Que pena! ¡Que rabia!. ¿Que opinades vós en clase sobre todo isto?

Consultar outra data

«Outubro, 01 10 2017»
LunMarMerXovVenSabDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031