A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde
  Elon  Musk, co turista lunar.
Elon Musk, co turista lunar. | MARIO TAMA | AFP

Un millonario xaponés, o primeiro turista na Lúa

Yusaku Maezawa asegurou que xa pagou a reserva de todos os asentos no foguete Space X que se está construíndo, pero sen revelar o prezo total dos billetes

REDACCIÓN / LA VOZ

Mércores, 19 Setembro 2018

SpaceX, a compañía de tecnoloxía espacial do excéntrico Elon Musk, anunciou este martes o nome do misterioso pasaxeiro que planea enviar á órbita da Lúa: o multimillonario xaponés Yusaku Maezawa. «¡Decidín ir á Lúa!», dixo repetidamente Maezawa, eufórico, durante o evento que se realizou para a ocasión na sede de SpaceX en Hawthorne, California. O magnate dixo que ese era o seu «soño da infancia».

Pero Yusaku Maezawa, de 42 anos e fundador da galería comercial de moda en liña máis grande de Xapón, sorprendeu cun anuncio: «No 2023, vou invitar a seis ou oito artistas de todo o mundo a unirse a min nesta misión á Lúa»,dixo.

Con todo, deixou claro que isto terá un custo para os invitados: «Terán que crear algo ao seu retorno á Terra... As súas obras inspirarán a todos os soñadores que están latentes en nós», asegurou. Maezawa será o primeiro viaxeiro lunar desde a misión estadounidense do Apolo en 1972.

Nota importante: Se picas no título da noticia, abriránseche as ligazóns do Quen, Que e Onde, ademais da proposta de Actividades.

Actividades

1. Hoxe arrincamos con esta noticia tan curiosa como optimista, porque apunta a que dentro de pouco se poderá ir á Lúa como turista.

2. ¿A ti gustaríache ir á Lúa? ¿Que cres que hai alí? ¿Haberá auga? ¿Por que é importante que haxa auga? ¿Haberá algún tipo de vida?

3. ¿Como imaxinaron a Lúa noutros tempos? Agora que arrinca o curso e aínda non hai moitos deberes, aproveita para ler este libro de Julio Verne.

4. ¿Queres pasar un intre alegre? Aquí tes unha curta película que se rodou en 1902 baseándose, precisamente, nese libro.

5. E xa estamos a media semana. Seguimos con bo tempo e con ceos bastante despexados, así que esta noite, antes de deitarte, mira cara arriba e verás… a Lúa.

Consultar outra data

«Setembro, 01 09 2018»
LunMarMerXovVenSabDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930